Hoxe conmemoramos o día da infancia. Viñemos en pixama para visibilizar un dos dereitos fundamentais de ter un fogar.
Sabela e Sofía prepararon para nós unha canción moi bonita onde o amor brillaba con luz propia. Moitas grazas rapazas!
Benvidos ao blog da biblioteca do CEP Altamira ( Salceda de Caselas)
Hoxe conmemoramos o día da infancia. Viñemos en pixama para visibilizar un dos dereitos fundamentais de ter un fogar.
Sabela e Sofía prepararon para nós unha canción moi bonita onde o amor brillaba con luz propia. Moitas grazas rapazas!
Chegou o Samaín!
En colaboración coas nosas voluntarias decoramos a biblioteca e fixemos co noso alumnado uns obradoiros de papiroflexia terroríficos.
Para endulzar un pouco o día as nosas familias aportaron unhas merendas terroríficas.
Que ben o pasamos!
O alumnado de 1º tivo una sorpresa moi especial: A visita de Sabidiña!!
Visitaron a biblioteca e coñeceron a nosa querida formiga. Tiveron a oportunidade de pasar uns intres con ela e resolver tódalas curiosidades que quixeron.
Agora Sabidiña agocharase entre os libros para seguir aprendendo e coidando da nosa biblioteca.
Volve pronto a visitarnos!
Un ano máis, o noso alumnado amosou a súa creatividade ofrecendo unhas elaboracións abraiantes, da man do noso proxecto de centro "Sabidiña desmonta contos tradicionais".
Estamos moi agradecidos pola participación.
Os equipos de biblioteca e de dinamización da lingua galega.
Grazas as nosas marabillosas voluntarias, todo estivo a punto para o gran día das bibliotecas escolares!
Para este gran día contamos coas habilidades da nosa querida mestra Paula de música. Grazas por este fantástico concerto!
Un ano máis chega un dos momentos máis agardados...
As mochilas viaxeiras comezan a súa aventura!
Están cheíñas de novidades coas que ler, xogar, aprender e sacar partido a nosa creatividade.
Paciencia lectores, pronto recibiredes a vosa!
As nosas voluntarias traballan sen cesar para a posta a punto da nosa biblioteca. Gran traballo chicas!
Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026.
Este vídeo é unha pequena homenaxe ao voso traballo. Grazas por facer da nosa biblioteca un lugar mellor!
Dende a biblioteca do CEP Altamira queremos compartir convosco unha selección de recomendacións literarias para este verán. Libros para descubrir novas historias, viaxar coa imaxinación e desfrutar da lectura durante as vacacións.
Hoxe conmemoramos o día da infancia . Viñemos en pixama para visibilizar un dos dereitos fundamentais de ter un fogar. Sabela e Sofía prep...