O venres 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, e no colexio Altamira reivindicamos os dereitos da muller baixo o lema:
"As mulleres que deixan pegada en mi"
Dende a nosa biblioteca colocamos na entrada do colexio un mural para que todo o alumnado colocara a súa man co nome da muller que lles deixa pegada. As voluntarias e os voluntarios da biblioteca foron os encargados de deseñar e decorar o mural.
A maiores, durante o recreo o alumnado que asistíu á biblioteca puido pintar e decorar debuxos de mulleres ou tamén ler os libros relacionados con esta temática colocados no expositor do 8M.
É importante sinalar que dende cada unhas das titorías fixéronse actividades diferentes para traballar e darlle visibilidade ao día da muller. Algunhas das actividades foron a participación nun Scaperoom ou a realización dun contacontos.
A continuación deixámosvos a ligazón a un vídeo con imaxes do alumnado traballando durante este día tan importante para a sociedade.
Aproveitando o 8M, o 20 de marzo, as voluntarias da biblioteca fixeron un mércores de contacontos na biblioteca sobre o conto "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa" de Patricia Fitti.
Na seguinte ligazón podedes visualizar as imaxes deste mércores de contacontos no Altamira.