Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026.
Este vídeo é unha pequena homenaxe ao voso traballo. Grazas por facer da nosa biblioteca un lugar mellor!
Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026.
Este vídeo é unha pequena homenaxe ao voso traballo. Grazas por facer da nosa biblioteca un lugar mellor!
Dende a biblioteca do CEP Altamira queremos compartir convosco unha selección de recomendacións literarias para este verán. Libros para descubrir novas historias, viaxar coa imaxinación e desfrutar da lectura durante as vacacións.
Ao longo deste curso viaxamos polo universo a través do noso proxecto anual, descubrindo, aprendendo e desfrutando de innumerables experiencias.
Neste vídeo recollemos unha pequena mostra de todo o vivido. Agardamos que vos guste tanto como a nós nos gustou emprender esta gran aventura espacial.
Esta semana celebramos na biblioteca a última sesión do Club de Lectura co alumnado de 6º de Primaria, que en breve comezará unha nova estapa no instituto.
Nesta ocasión compartimos impresións sobre a lectura No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz, unha obra que nos levou a reflexionar sobre a amizade, o misterio e a natureza.
Despedimos así un grupo de grandes lectoras e lectores aos que lles desexamos moita sorte no seu novo camiño. Agardamos que continúen gozando dos libros e da lectura alá onde vaian.
A nosa biblioteca tivo a sorte de recibir a visita da marabillosa Eva Mejuto.
O alumnado de 4ºC e 4ºD leu Keko e Kika, mentres que o alumnado de 6ºA e 6ºD gozou de O día que choveron gatos. Tras a lectura, puideron coñecer de preto á autora, descubrir curiosidades sobre as súas obras e compartir con ela as súas impresións e preguntas.
Moitas grazas, Eva, pola túa visita. Foi un auténtico pracer contar contigo na nosa biblioteca.
O alumnado de 3º de Primaria desfrutou dunha sesión de animación á lectura grazas ao agasallo do Consorcio. Moitas grazas!
Na nosa biblioteca escolar celebramos as Letras Galegas 2026, adicadas este ano a Begoña Caamaño, cun festival no auditorio cheo de música e emoción.
Neste vídeo podedes ver algúns momentos da celebración e tamén o mural realizado polas voluntarias da biblioteca.
Agardamos que vos guste!
Anxo Fariña é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego. O alumnado de 5º C e de 5º D tivo a sorte de poder ler un dos seus libros e de velo en directo na nosa biblioteca.
Moitas grazas, Anxo!
Os gañadores e gañadoras do eslogan feito o Día do Libro para fomentar a lectura podédelos ver nestas fotos.
Parabéns!
No CEP Altamira celebramos o Día do Libro ao grande. O alumnado de 6º apadriñou ao de 1º, o de 5º ao de 3º e o de 4º ao de 2º.
Primeiramente leron un poema no que o protagonista era un libro e despois outro relacionado coa temática deste curso "o espazo". Posteriormente chegou a parte máis creativa da actividade, na que cada parella inventou un slogan para fomentar a lectura.
Hoxe, 23 de abril, celebramos o Día do Libro. Na nosa biblioteca, durante o recreo, tivo lugar un obradoiro de libros de papiroflexia coa mestra Vivi. Ao rematar a actividade, agasallábanllos adicados a todas aquelas persoas que visitaron a biblioteca.
Aquí tedes un pequeno vídeo resumo da actividade. "Un neno que le será un adulto que pensa"
O voluntariado de 5º e 6º acudiu ao CRA Raíña Aragonta, onde leron, debuxaron e colorearon cos máis pequenos. Pasárono xenial!
Aquí vos deixamos un vídeo para que poidades ver algúns dos momentos desta visita.
O alumnado do CEP Altamira comparte as súas poesías nun recital cheo de creatividade e expresión.
Non volo perdades!
O alumnado de 1º nivel recibiu a visita de Sabela Gago, foi un encontro moi ameno e participativo.
Na nosa biblioteca tivemos o pracer de ver a obra "Mamá Robot", unha representación que pon en valor o traballo incansable das nais: coidar da casa, facer os deberes cos fillos/as... Elas sempre dispoñibles para axudar.
A obra foi interpretada polas voluntarias de sexto da biblioteca, deixámosvos o vídeo para que poidades desfrutar desta magnífica actuación.
O alumnado de 5º reuniuse na biblioteca do centro para desfrutar dunha nova sesión do noso club de lectura. Nesta ocasión leron "La historia de Julian" de R.J. Palacioz, un libro que invita a reflexionar sobre a amizade, a empatía e a importancia de aceptar ás demais persoas.
Hoxe as nosas voluntarias de sexto interpretron a obra "Mamá Robot" no CRA Raíña Aragonta. Unha representación que pon en valor o traballo incansable das nais.
O alumnado de 5º nivel realizou un obradoiro para celebrar o Día de Rosalía de Castro.
Compartimos unha imaxe e un vídeo deste momento no que a poesía e a lingua galega foron protagoniastas.
No noso colexio o entroido vívese con moito entusiasmo e desfrutamos de semanas cheas de actividades: ordes do meco, disfraces elaborados nas aulas, desfile polas rúas de Salceda, chocolatada que acompañamos con doces elaborados polas familias e moito baile na discoteca; por un día o ximnasio convértese nunha pista de baile.Ademais na biblioteca pintaron debuxos e caretas.
A continuación podedes ver un vídeo sobre o noso entroido.
O 14 de febreiro a biblioteca do colexio acolleu un divertido taller de papiroflexia no que o alumnado deixou volar a súa creatividade. Con papel e paciencia, crearon preciosos corazóns.
Na imaxe pódense ver algunhas das creacións realizadas.
As voluntarias de 5º fixéronnos desfrutar dunha obra teatral titulada Mabel, Mabul y Mabuli, adaptación do conto "Mabel y la montaña" de Kim Hillyord.
Celebramos o día da PAZ no noso colexio e na nosa biblioteca. É un día moi importante para lembrar que debemos tratarnos con respecto, amizade e cariño.
Aquí podedes ver un pequeno vídeo das actividades que fixemos. Equipo de Biblioteca
A biblioteca acolleu unha clase de papiroflexia na que o alumnado desfrutou creando diferentes figuras a partir de papel. Unha actividade creativa que fomentou a concentración, a paciencia e a imaxinación.
Durante o primeiro trimestre do curso, o alumnado de 6ºA leu o libro de Txano e Óscar, unha lectura que nos acompañou durante as nosas horas de ler e que deu pé a reflexións, diálogos e actividades creativas arredor da historia e das súas personaxes.
Tras rematar o libro, o grupo realizou un mural colectivo no que aparecen os retratos das personaxes principais, elaborados polo propio alumnado, xunto cunha recomendación lectora.
Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026 . Este vídeo é...