martes, 3 de decembro de 2024

🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Como todos os anos, dende o colexio propoñemos a participación no XII concurso de Postais de Nadal.

A participación no concurso é voluntaria, e o tema do concurso é o Nadal, o inverno ou tamén pode relacionarse co Proxecto da Biblioteca deste curso: "Queres bailar? Únete ao Altamira que a festa está por chegar".

Deixámosvos na seguinte ligazón as bases para poder participar no concurso, tedes como plazo para entregar as postais o día 12 de decembro. 

- Bases do concurso.

💜25 N💜

O luns 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e no cole o conmemoramos dunha maneira especial. 

En primeiro lugar, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e o Concello de Salceda de Caselas convocaron a participación voluntaria nun concurso para promover a loita contra a violencia de xénero. O concurso consistíu na elaboración dun cartel cun debuxo e cun lema, en galego, que xirase en torno á eliminación da violencia de xénero. 

Moitísimo alumnado do colexio participou, pero non todos e todas puideron ser premiados. Houbo un alumno/a gañador/a por cada curso, quen recibíu un lote de agasallos. 

Os agasallos foron entregados durante o acto realizado o mesmo día na plaza do Concello, despois de ler o manifesto e despois de facer un minuto de silencio como apoio as vítimas de violencia de xénero. O acto xirou en torno ao lema "Voando en liberdade", de ahí a que cada alumno e alumna colocara a súa bolboreta cunha palabra nos panéis con bolboretas realizados para levar ao concello. 

En segundo lugar, o Equipo de Biblioteca propuxo a participación voluntaria do alumnado e profesorado do centro nun concurso de frases (anónimas) relacionadas coa eliminación da violencia de xénero. O alumnado voluntario foi quen elixiu as mellores frases para escribilas no mural colocado en fronte da biblioteca. 

A maiores, durante os recreos, o alumnado que asistíu á biblioteca puido participar en distintas actividades relacionadas con esta conmemoración, como por exemplo pintar debuxos para decorar a porta da biblioteca. 

Queredes ver imaxes do alumnado traballando, do acto realizado no Concello e das obras premiadas? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas, pega a pena velas. 

Parabéns ao alumnado por participar nos concursos e recordade sempre que a loita contra a violencia de xénero é todos os días. 



mércores, 27 de novembro de 2024

🎼Santa Icía🎼

O venres pasado foi Santa Icía (Santa Cecilia), patrona da música e dos músicos, e no colexio Altamira conmemorámolo. Queredes saber como?

Fixemos durante o recreo unha actuación musical tendo como protagonistas algúns alumnos e alumnas músicos, quenes trouxeron os seus instrumentos para deleitarnos cunha fantástica actuación!!

Perdíchevos esta actuación e queredes volver a vela? Clicade no seguinte vídeo e gozade dela. 

Desexamos que vos guste. Moitas gracias ao alumnado por participar e por asistir como espectadores. Ata a próxima!!

martes, 26 de novembro de 2024

💛 Dereitos da Infancia 💛

O mércores 20 de novembro foi o Día Mundial da Infancia, e no colexio solidarizámonos co noso alumnado de maneira especial para reivindicar os seus dereitos. 


Este día o alumnado e profesorado puido acudir en pixama ao colexio como acto conmemorativo. Esta iniciativa xurdiu fai cinco anos como iniciativa para reivindicar o dereito dos nenos e nenas a crecer en familia, xa que o pixama está asociado a momentos como, por exemplo, cear en familia, recibir un bico de boas noites, ler antes de durmir....

Ademais, cada curso realizou outras actividades relacionadas con dita conmemoración. Queredes saber que fixemos desde a biblioteca? 

Tres voluntarias da biblio prepararon un audiolibro para despois grabalo na Radio Altamira. Queredes ver algunhas imaxes destras tres nenas preparando o audiolibro? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas!!

Recordade, os dereitos dos nenos e nenas hai que respectalos todos os días, xa que son dereitos inalienables. 




🐜 Os de 1º coñecen a SABIDIÑA🐜

A semana pasada, o alumnado de primeiro tivo o privilexio e pracer de coñecer á mascota da biblioteca. Sabedes quen é? SABIDIÑA!! Sabidiña apareceu na nosa biblioteca para darlle a benvida aos máis pequenos do Altamira. 

Queredes saber ou recodar a historia de Sabidiña? Aí vai, lede atentamente...

Sabidiña é unha formiga que vive na nosa biblioteca dende fai moooooitos anos. Chegou ao noso cole na mochila dun neno dende o Borralliño, si, o lugar onde celebramos o Magosto. 

Dende entón, vive entre os libros da biblioteca e aliméntase dos restos das merendas dos nenos e nenas do CEP Altamira. 

Pero quero que saibades unha cousa moi importante... Esta formiga só se deixa ver en ocasións moi especiaciais e só a conseguen ver os nenos e nenas que cren na maxia de Sabidiña.

Todos os nenos e nenas de primeiro chegaron a ver a Sabidiña, o que quere dicir que si cren na súa maxia. 

Despois de coñecer aos máis pequenos, Sabidiña visitou algunhas das aulas do cole para visitar aos demais nenos e nenas do colexio e sacarlles un sorriso. 

Se clicades no seguinte vídeo podedes ver este momento tan especial!! Desexamos que vos guste. 



martes, 12 de novembro de 2024

🎃 Samaín🎃

O martes 29 de outubro conmemoramos no colexio o Samaín. O voluntariado da biblio foi o encargado de deseñar e pintar o mural colocado no recibidor do cole. Este día, o alumnado podía vir disfrazado co disfrace que quixera, eso sí, tiña que ser terrorífico.

Despois, as mestras de cada nivel organizaron diversas actividades para facer neste día de moito medo. Algúns cursos viron películas, outros cantaron cancións de Samaín, outros fixeron manualidades, e outros cursos fixeron merendas terroríficas coa colaboración das familias. 

A maiores, na biblioteca houbo un expositor con libros e contos relacionados con esta temática para que o alumnado puidera ler durante o recreo ou ao longo da semana. A continuación deixámosvos algunhas das novidades terroríficas que podedes atopar na biblio de Sabidiña. 


Queredes ver algunhas fotografías deste día de Samaín no Altamira? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas. Desexamos que vos gusten!!






martes, 5 de novembro de 2024

🎶Inauguración musical 🎶

Aproveitando que o xoves 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas, o equipo de biblioteca e as profes de música organizaron unha inauguración musical.

Xa sabedes que o tema do proxecto deste ano é o baile e a música, non? Pois aproveitrando esta temática, algunhas mestras do cole aproveitaron a súa destreza musical para participar nesta inauguración tocando instrumentos e cantando. 

Realizouse durante o recreo na bilioteca, onde todo o alumnado puido asistir voluntariamente e así dar por inaugurada oficialmente a nova biblioteca do Altamira. 

Foi un acto moi emotivo e orixinal, onde o alumnado e o profesorado gozou dunha actuación musical de sobresaínte. ´

Queredes ver a actuación? Se a resposta é si, clicade no seguinte vídeo.

Gracias ao profesorado por participar e ao alumnado por asistir!! Benvidos e benvidas un curso máis á biblioteca!!

martes, 29 de outubro de 2024

👥📖 Formación de usuarios📖 👥

Como xa dixemos anteriormente, a semana pasada inaugurouse a biblioteca e o voluntariado do equipo de biblio foi o encargado de facer a formación de usuarios en todas as clases. 

Cada curso tivo que baixar na súa hora de biblioteca para que unha parella de voluntarios puideran ensinarlle ao alumnado os novos recunchos da bilio, os libros que se poden emprestar, as actividades organizadas durante os recreos e as normas que teñen que cumplir para poder gozar deste espazo do colexio. 

Unha vez feita esta formación, os nenos e nenas do Altamira xa están preparados para poder utilizala e gozala con responsabilidade. 

O equipo de biblioteca queremos felicitar e agradecer ao noso equipo de voluntarios e voluntarias por facelo tan ben a pesar dos nervios e da vergoña. Estamos moi contentas e orgullosas!!

Deixámosvos a continuación un vídeo con fotografías da formación de usuarios realizada ao longo da semana pasada. Desexamos que vos guste. 








🌰🍂Exposición Froitos de outono🍂 🌰

Como todos os anos no outono, o Equipo de Biblioteca coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares, organizou unha exposición de Froitos de Outono

Como o proxecto deste ano é o baile e a música, a exposición tiña que estar relacionada con esta temática. Os traballos organizáronse por ciclos na aula de audiovisuais para que as familias puideran velos e disfrutalos.



As familias e o noso alumnado tiveron ideas moi orixinais e sorprendentes, e quedou unha exposición moi variada e outonal. 

Queredes ver algúns dos traballos expostos? Reproducide o seguinte vídeo de fotografías e desfrutade das creacións do nos alumnado e das súas familias. 

Parabéns e gracias a todos e todas as que participaron. Sodes uns artistas!!





martes, 22 de outubro de 2024

📢 INAUGURAMOS A BIBLIO!!📢

Onte, luns 21 de outubro, a biblioteca abríu as súas portas para recibir ao noso alumnado. Como xa mencionamos nos últimos posts, este verán a biblioteca do Altamira estivo en obras pon mor de ampliala. O alumnado tiña moitas gañas e intriga por ver a súa nova biblioteca e, onte, por fin puideron vela. 
A partir de onte, o alumnado xa pode ir durante os recreos á biblioteca para participar nas actividades organizadas polo quipo de biblio. 

Ao longo desta semana, o voluntariado da biblioteca será o encargado de facer a formación de usuarios de todo o colexio. Para iso, cada curso terá que baixar na súa hora de biblio, xa que alí estará esperando unha parella de voluntarios para comezar a formación. 

Aproveitando a mención do voluntariado, queremos darlle as gracias por todo o traballo feito ao longo destes meses, xa que traballaron moito para que a biblioteca puidera abrirse canto antes. 

Aquí deixámosvos un vídeo con fotografías que mostran a ampliación e o cambio da nosa biblioteca, e o grandioso traballo do noso voluntariado. 


Por certo, este xoves, aproveitando que é o Día das Bibliotecas Escolares e que o proxecto deste ano é o baile e a músicafarase unha inauguración musical coa colaboración dalgunhas mestras do colexio. Así que o alumnado poderá asistir á inauguración durante o recreo. 

Desexamos que vos guste a nova biblioteca e que a disfrutedes moito. Soamente pedímosvos unha cousa, coidádea moito!!

xoves, 17 de outubro de 2024

👜 Mochilas viaxeiras 👜

A nosa biblioteca está a piques de abrir as súas portas para recibir á comunidade educativa. Mentres, o alumnado do Altamira poderá levar algúns dos libros da biblio para casa coa chegada das... MOCHILAS VIAXEIRAS!!

Durante o inicio do curso, o equipo de biblioteca estivo renovando as mochilas e cadernos viaxeiros para que o alumnado poida disfrutar delas un curso máis. Aquí tedes unha foto co contido de cada mochila: 

Ao longo desta semana, cada curso foi recibindo a súa mochila cos libros que poderán levar para súa casa e así poder lelos en familia. Unha vez lidos todos, recollerán no caderno viaxeiro unha aportación do libro que máis lle gustou, algo que melloraría do seu contido, un debuxo da personaxe que máis lle entretivo, ou o que máis lle apeteza. 

Unha vez que un alumno ou alumna reciba a mochila, terá un tempo limitado para disfrutala e, despois, terá que devolvela para que poida levala outro compi. 

As Mochilas Viaxeiras é unha iniciativa que lle gusta moito ao alumnado do noso cole, e a nós, as mestras, tamén. 

Dende o equipo de biblio queremos pedirvos dúas cousas: a primeira é que a coidedes moito e, a segunda, que a disfrutedes aínda máis!! Desexamos que vos gusten!!


martes, 17 de setembro de 2024

🎵 Queres bailar?🎵

Este verán a biblioteca do colexio estivo en obras para facer dela un lugar máis amplo e organizado por recunchos e temáticas.

Próximamente abrirá as súas portas para que o noso alumnado poida vela e disfrutala coas diversas actividades e obradoiros que se organicen nela. 


Mentres segue en obras, queredes saber a temática do proxecto deste ano?

"QUERES BAILAR? ÚNETE AO ALTAMIRA QUE A FESTA ESTÁ POR CHEGAR!!"


Pouco falta para que poidamos adentrarnos no baile, disfrutar e aprender diferentes xéneros musicais e artistas recoñecidos ao longo de todo o curso escolar. 

Vémonos pronto!! Ide preparándovos para esta nova aventura que está por comezar!!


venres, 13 de setembro de 2024

🎶 BENVID@S A UN NOVO CURSO 🎶

O verán xa pasou e un novo curso comezou!! 

Dende a biblioteca do Altamira queremos darlle a benvida ao noso alumnado e as súas familias. Neste blog subiremos todas as actividades e celebracións realizadas dende a biblioteca do noso cole ao longo do curso. Desexamos que nos leades e que pasedes un bo rato connosco. 

Estades preparados e preparadas para bailar? Pronto comezaremos unha nova aventura no Altamira. Mentres, deixámosvos unhas novidades lectoras para o comezo do novo curso escolar. 

Un saúdo dende o Equipo de Biblioteca. 




xoves, 11 de xullo de 2024

🌞Recomendacións de verán🌞

O curso 2023/24 chegou ao seu fin e, por ende, as portas das nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso. 

Queremos darvos as gracias por lernos e por estar con nós un ano máis, e desexarvos unhas felices vacacións de verán. 

A maiores, Sabidiña quere deixarlles ao alumnado do Altamira unhas recomendacións lectoras para que o seu verán sexa aínda máis entretido. Por certo, non vos esquezades que o 26 de xullo comezan as Olimpiadas en París!!

Unha aperta a toda a comunidade educativa. 



👧 Visita do CRA 👦

Unha das últimas semanas do curso, recibimos no noso colexio unha visita moi especial... Os nenos e nenas de 5 anos do CRA Raíña Aragonta visitaron o Altamira para coñecer o seu próximo colexio. 

Foron recibidos con moito agarimo e con diferentes actividades nas distintas instalacións do colexio para que os cativos marcharan cunha sensación positiva e con moitas ganas de volver. 

A biblioteca de Sabidiña esperaba por eles cun contacontos protagonizado por algúns voluntarios da biblioteca. Xuntos decidiron preparar e representar o conto "Mabel y la montaña" de Kim Hillyard. 

Desexamos que aos cativos lles gustara o contacontos, a nós a súa visita agradounos moito. Vémonos o vindeiro curso!!

Deixámosvos a continuación un vídeo con imaxes desta actividade tan especial na nosa biblioteca!!



📖 Mércores de contacontos 📖

Para finalizar o mes de xuño, un grupo de alumnas de 3º D encargouse de protagonizar o último contacontos do curso 2023/24. 

As nenas elixiron o conto "Un regalo extraño" de Jose Carlos Román e Silvia Álvarez. Elas foron as encargadas de preparar a lectura e de representar o conto ao resto do alumnado do colexio, sobre todo aos máis pequenos. 

Deixámosvos a continuación un vídeo deste magnífico mércores de contacontos no Altamira. Moitas gracias a estas alumnas de terceiro por participar e por facelo tan ben!!!




xoves, 27 de xuño de 2024

📖Contacontos no CRA📖

No mes de maio, dúas alumnas voluntarias de 6º A baixaron ao CRA Raíña Aragonta para facer unha actividade moi interesante... Cal credes que foi??

A actividade consistíu en contarlle o conto de "Monstruo Rosa" de Olga de Dios ás xeracións máis novas de Salceda de Caselas. As nenas prepararon e escenificaron o argumento do conto o mellor que puideron para que os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos pasaran un momento entretido. 

Aquí tedes un par de fotografías para inmortalizar esta actividade tan especial!!




👥Club de Lectura 6º👥

O día 14 de xuño fíxose na biblioteca  o Club de Lectura co alumnado de 6º de primaria que decidiu asistir voluntariamente. 

Despois da mañá, o alumnado quedou a comer no colexio. Posteriormente, organizáronse en equipos para facer unha gimkhana con probas acerca dos libros "Bala Perdida" de Manuel Rivas e "La señorita Bubble" de Ledicia Costas. 

O alumnado pasou unha tarde entretida e diferente no colexio Altamira. Gracias por vir nenos e nenas!!

Aquí tedes un vídeo con fotos deste día de Club de Lectura. 



📒 Letras Galegas📒

O 17 de maio conmemorouse no Altamira a Día das Letras Galegas. Este ano a autora á que se lle dedicou este día foi a escritora, filóloga e violinista Luisa Villalta

O voluntariado da biblioteca fixo unha caricatura da autora co obxectivo de expoñela na entrada do colexio. 



A maiores, dende os distintos niveis  e ciclos organizáronse actividades diversas para coñecer a biografía desta autora, unha das actividades foi asistir a unha obra de teatro onde falaban da súa vida. 

A continuación, deixámosvos un vídeo con imaxes das actividades realizadas para conmemorar este día tan especial na nosa comunidade.






mércores, 5 de xuño de 2024

📖Visita de Pablo Prado📖

O día 16 de maio, o alumnado do terceiro curso recibiu unha visita moi especial. 

O ilustrador Pablo Prado visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "Nerea. A invasión dos trastos". 

Tanto os nenos e nenas de 3º como o ilustrador pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran.

Para finalizar a visita, Pablo asinoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca e no mural feito polo alumnado. 

Moitas gracias pola visita Pablo, ata a próxima!!



venres, 31 de maio de 2024

📞 Guasgalegando 3º trimestre📞

A proposta do terceiro trimestre para o concurso Guasgalegando consistiu en facer chegar lendas, ditos ou refráns galegos co obxectivo de conservar o patrimonio lingüístico. Tiñan que ser preferiblemente relacionados coa nosa contorna.

O alumnado puido partcipar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas respostas. 

A continuación deixámosvos fotos dos gañadores e gañadoras deste concurso. Cada un deles fixeron a súa propia chapa!! Parabéns aos gañadores e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!! 





mércores, 8 de maio de 2024

📚 DÍA DO LIBRO📚

O martes 23 de abril conmemoramos o Día Internacional do Libro no Altamira. A actividade organizada dende a biblioteca foi o apadriñamento lector.

Os más maiores do colexio foron os padriños e, os máis pequenos, os apadriñados (6º apadriñou a 3º, 5º apadriñou a 1º e 4º a 2º). Despois do recreo, cada padriño co seu apadriñado tivo que crear unha historia onde apareceran os deportes elexidos por cada clase. Esa historia tiñan que escribila nunha plantilla facilitada polo equipo de biblioteca e depois decorala o mellor posible. 

Previamente á elaboración conxunta da historia, os padriños tiveron que contarlle aos apadriñados información do seu deporte, e viceversa. Ao finalizar a actividades, algunhas clases intercambiaron agasallos entre eles. 

Así, o alumnado do Altamira creou historias moi creativas e divertidas. Todas elas estiveron expostas na entrada do colexio para poder lelas, e as máis orixinais foron premiadas. Aquí tedes unha foto cos traballos que foron premiados e co alumnado gañador do concurso. 



A maiores, polo día do libro o equipo de biblioteca organizou un concurso chamado "Quen é quen?" co obxectivo de que o alumnado adivinase cal era o libro favorito do profesorado. Aquí tedes unha foto das gañadoras do concurso. 


Por último, deixámosvos un vídeo con imaxes deste día do Libro no noso colexio. Desexamos que vos guste!!



mércores, 24 de abril de 2024

📖Visita de Pere Tobaruela📖

O día 16 de abril, o alumnado de 4º A e de 4º B recibiron unha visita moi especial. 

O escritor Pere Tobaruela visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "Formigas". 

Tanto os nenos e nenas de 4º como o autor pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran.

Para finalizar a visita, Pere asinoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca. 

Deixámosvos na seguinte ligazón un vídeo con fotografías desta visita tan especial. 

Moitas gracias pola visita Pere, ata a próxima!!

📚Contacontos en 1º B 📚

O outro día o alumnado de 1º B recibiu unha visita moi especial. A mamá dun deles viu ao colexio a contarlles un conto por mor do Día do Libro.

O conto titulabase "El correo del dragón" de Emma Yarlett e todos os nenos e nenas quedaron moi contentos coa visita desta nai. 

Moitas gracias por vir, foi un momento moi entretido e bonito!!



mércores, 17 de abril de 2024

Día do Cómic

O 17 de marzo foi o día do Cómic, e dende a nosa biblioteca seguimos apostando polo cómic en galego. 

Por iso, este ano ampliamos as coleccións xa existentes e mercamos cómics novos. 

Ao noso alumnado encántalles o formato de libro en cómic e por iso na nosa biblioteca non faltan. 

Deixámosvos a continuación algunhas das novidades de cómic que podedes atopar na biblioteca de Sabidiña. 




📯Mes da música📯

Este ano, en lugar de facer o mércores musical fixemos no Altamira un mes da música

A mestra de música e o equipo de biblioteca decidimos organizar o mes da música dedícándolle dous días á semana durante o recreo: mércores e venres. Durante estes días, o alumnado puido tocar instrumentos, cantar música clásica, música galega ou música da súa preferencia. Para poder participar, o alumnado soamente tiña que apuntarse previamente na clase de música. 

Ao alumnado pareceulle unha boa idea, e todos os nenos e nenas que participaron fixeron actuacións marabillosas. 

Deixámosvos nas seguintes ligazóns os vídeos coas actuacións do alumnado que participou:

- Benvidos ao mes da música na biblioteca

- Mes da música na biblio

- Benvidos de novo ao recreo artista

O noso colexio está cheo de artistas!! Moitas gracias por participar rapazada!!



mércores, 10 de abril de 2024

💭 Día Mundial da Poesía 💭

O xoves 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, e os voluntarios e voluntarias de 6º fixeron unha entretida actividade para conmemoralo. 

O alumnado, dividido por clases, elixiu un poema de deportes, o traduciu ao galego e o recitou e editou na radio Altamira. Na seguinte ligazón  poidedes escoitar o podcast que grabaron. 

A maiores, na biblioteca fíxose unha sección de libros de poesía para darlle visibilidade a este día tan importante. 





📞Guasgalegando 2º trimestre 📞

 A proposta do segundo trimestre para o concurso Guasgalegando consistiu en crear un lema ou slogan que invitase a mercar e consumir con responsabilidade, de forma consciente, crítica, necesaria e prática, sen deixarnos invadir polas publicidades atractivas e engañosas. 

O alumnado puido partcipar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas respostas. 

A continuación deixámosvos fotos dos gañadores e gañadoras deste concurso. Cada un deles fixeron a súa propia chapa con dito lema e farán unha pancarta cos sprais de graffiti!! Parabéns ao gañador e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!!





📖Visita de Celtia Figueiras📖

 O día 19 de marzo, o alumnado de 5º B recibiu unha visita moi especial. 

A autora galega Celtia Figueiras visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "A banda dos insectos. Pasando a bóla.". 

Tanto os nenos e nenas de 5º como a autora pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran.

Para finalizar a visita, Celtia asinoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca. 


Clicade na seguite ligazón se queredes ver un vídeo con fotografías desta quedada tan entretida. 

Moitas gracias pola visita Celtia, ata a próxima!!

mércores, 3 de abril de 2024

👥Club de Lectura 5º👥

Os días 12 e 13 de marzo fíxose na biblioteca  o Club de Lectura co alumnado de 5º de primaria que decidiu asistir voluntariamente. 

Despois da mañá, o alumnado quedou a comer no colexio. Ao rematar a comida, recordaron o argumento  do libro "Wonder. La lección de August" de R.J. Palacio e fixeron unha chuvia de ideas sobre el.

Para rematar a tarde, xogaron por grupos nas tablets. Primeiro fixeron un kahoot e despois un Make it con preguntas e xogos acerca do libro.

O alumnado pasou unha tarde entretida e diferente no colexio Altamira. Gracias por vir nenos e nenas!!

Na seguinte ligazón deixámosvos un vídeo con fotos destes dous días de Club de Lectura. 


📖Visita de Abraham Carreiro📖

O día 12 de marzo, o alumnado de 6º A e de 6º C recibiron unha visita moi importante... Adiviñades quen foi? 

O debuxante e escritor galego Abraham Carreiro visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata". 

Tanto os nenos e nenas de 6º como o autor pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran, ensinando os traballos que fixeron, e debuxando algúns dos personaxes do libro. 

Para finalizar a visita, Abraham dedicoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca. 


No seguinte vídeo podedes ver as fotografías desta quedada tan entretida. Moitas gracias pola visita Abraham, ata a próxima!!



💟8M e mércores de contacontos💟

O venres 8 de marzo foi o Día Internacional da Muller, e no colexio Altamira reivindicamos os dereitos da muller baixo o lema: 

"As mulleres que deixan pegada en mi"

Dende a nosa biblioteca colocamos na entrada do colexio un mural para que todo o alumnado colocara a súa man co nome da muller que lles deixa pegada. As voluntarias e os voluntarios da biblioteca foron os encargados de deseñar e decorar o mural. 

A maiores, durante o recreo o alumnado que asistíu á biblioteca puido pintar e decorar debuxos de mulleres ou tamén ler os libros relacionados con esta temática colocados no expositor do 8M. 

É importante sinalar que dende cada unhas das titorías fixéronse actividades diferentes para traballar e darlle visibilidade ao día da muller. Algunhas das actividades foron a participación nun Scaperoom ou a realización dun contacontos.

A continuación deixámosvos a ligazón a un vídeo con imaxes do alumnado traballando durante este día tan importante para a sociedade. 

Aproveitando o 8M, o 20 de marzo, as voluntarias da biblioteca fixeron un mércores de contacontos na biblioteca sobre o conto "El niño que no quería ser azul, la niña que no quería ser rosa" de Patricia Fitti. 

Na seguinte ligazón podedes visualizar as imaxes deste mércores de contacontos no Altamira. 

mércores, 20 de marzo de 2024

📰 Semana da prensa 📰

O mes de marzo comezou coa conmoración da Semana da Prensa dende o luns 4 ata o venres 8 de marzo. 

Na nosa biblioteca fíxose, coa colaboración do alumnado voluntario, un recuncho da prensa con distintos xornais para que o alumado consultara cando quixera, e un recuncho con revistas para ler. 

Dende as titorías e durante os recreos desa semana, o alumnado puido visitar a biblioteca de Sabidiña para facer actividades relacionadas coa prensa ou simplemente ler prensa. 

Moitas gracias ao noso alumnado voluntario por traballar tanto!!






💟 Día de Rosalía de Castro 💟

O venres 23 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro, e no colexio Atamira conemoramos este día facendo diferentes actividades. 

O alumnado de 6º de primaria foi pasando polas clases para contarlles aos máis pequenos quen era Rosalía e datos relevantes da súa vida personal e profesional como escritora. Así, todo o alumnado do colexio puido saber un pouco máis da súa biografía. Os máis maiores do colexio, tamén preparon a ofrenda floral na rúa do colexio, xa que é Rosalía de Castro quen lle da nome. 

Dende a biblioteca de Sabidiña fixéronse obradoiros para traballar a Rosalía. Un deles consistíu en pintala con pincel e témperas. Mirade o resultado, que ben quedou!!

Por último, e non menos importante, cada nivel fixo algunha actividade especial para conmemorar este día, como por exemplo a elaboración de caligramas en terceiro.

Deixámosvos a continuación un vídeo con imaxes das distintas actividades realizadas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, un referente para a cultura e a lingua galega. 






mércores, 13 de marzo de 2024

👬Voluntariado e Club de Lectura de 5º👭

No mes de xaneiro o alumnado voluntario do 5º curso comezou a colaborar e a traballar na biblioteca. Comezaron o seu voluntariado contando coa axuda e apoio dos voluntarios de 6º para que observaran como traballaban e así poder vivenciar o que tiñan que facer durante cada día da semana. 

Depois do entroido, o alumnado voluntario de 5º e 6º comezaron a alternar as súas funcións. Desta meneira, unha semana lle toca a un curso e a seguinte ao outro curso. Os alumnos e alumnas están divididos en pequenos grupos para que todos poidan colaborar e participar activamente nas actividades realizadas dende a biblioteca.

Todos están traballando moito para contribuir a que non se paren de facer cousas na biblioteca de Sabidiña!! Moitas gracias a todos e todas por colaborar, sodes fantásticos!!







mércores, 6 de marzo de 2024

📖Mércores de contacontos 📖

Para finalizar o mes de febreiro, o alumnado voluntario da biblioteca encargouse do contacontos do último mércores do mes.

As nosas voluntarias de sexto elixiron o conto ¡Ai, que lista é miña nai! de Ricardo Alcántara e Emilio Urberuaga. Elas foron as encargadas de preparar a lectura e de representar o conto ao resto do alumnado do colexio, sobre todo aos máis pequenos. 

Deixámosvos a continuación un vídeo con fotos deste magnífico mércores de contacontos no Altamira. 

Gracias por lernos!!





🎭 ENTROIDO 🎭

Este ano, no mes de febreiro tamén festexamos o entroido no colexio Altamira. Durante a semana do 5 ao 9 de febreiro, o meco deste ano propuxo ao alumnado e profesorado do colexio diferentes ordes para vestir e alegrar a semana de entroido. Finalizamos a semana disfrazados libremente e disfrutando nunha sesión de discoteca moi divertida. 

Ao principio íamos a facer o desfile polas rúas de Salceda o venres 9 pero, debido as condicións meteorolóxicas, tivemos que aplazalo para o venres 16. 

O defile por Salceda contou coa participación do CRA, do instituto e do noso colexio. Todo o alumnado e profesorado ía disfrazado, e houbo moita xente seguíndonos e disfrutando con nós. 

A temática do entroido deste ano partiu do proxecto da biblioteca deste curso. Recordades cal era??

"DE PEKÍN A PARÍS, OS XOGOS OLÍMPICOS XA ESTÁN AQUÍ"

Tendo en conta este lema, todo o colexio levou un disfrace relacionado coas olimpiadas, e que ben estaban feitos todos os drisfaces!! O alumnado de 1º foi de antorchas; o de 2º de esquiadores e esquiadoras; o de 3º de Phryge (a mascota olímpica deste ano); o de 4º de medallas; o de 5º de judo e o de 6º de tiro con arco. 

Todos xuntos saímos do colexio como unha bonita familia. Os de primeiro iniciaron o desfile, seguindo aos do CRA, e os do instituto o pecharon, seguindo aos nosos de 6º. Ao finalizalo, volvimos ao colexio e fixemos uinha merenda contando coa colaboración das familias. Depois, todo o alumnado tivo a sesión de disco. Foi un día marabilloso no Altamira que non imos a esquecer. 




A continuación deixámosvos un vídeo con imaxes do entroido deste ano. Desexamos que vos guste. Gracias a todos e todas por acompañarnos.








mércores, 28 de febreiro de 2024

💛 15 de febreiro 💛

Despois de conmemorar o día do amor e da amizade, o día 15 de febreiro conmemorouse no primeiro nivel do Altamira o Día Internacional do Cancro Infantil
Os máis cativos do colexio e as súas mestras fixeron e decoraron lazos de cor amarela con mensaxes bonitas e motivadoras para apoiar aos nenos e nenas que padecen esta enfermidade. 

Despois, formaron un corazón amarelo con tódolos lazos no corredor do seu nivel. 

Aquí tedes imaxes deste acto emotivo que fixeron os máis pequenos do Altamira. 




💘14 de febreiro 💘

Xa líchedes no último post que durante o mes de febreiro conmemórase o día da nena na ciencia, o día da radio e tamén... o día de San Valentín. O 14 de febreiro celebrouse no Altamira o día do amor e da amizade. De que maneira?

O equipo de dinamización lingüística, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou un concurso para todo o alumnado do centro chamado: E PORQUÉ NON EN GALEGO?

Voluntariamente, o alumnado tivo que redactar e adornar unha mensaxe con contido que amosara agarimo e afecto cara outra persoa. A mensaxe tiña que ser en galego, ademais de ser unha mensaxe orixinal e persoal. Houbo un gañador ou gañadora en cada un dos cursos, quenes obtiveron un lote de material escolar. 

Aquí tedes as imaxes das mensaxes gañadoras do concurso e a exposición de todas elas na entrada do colexio. Moitas gracias a todos e todas por participar!! Sodes uns e unhas artistazas!!






🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Como todos os anos, dende o colexio propoñemos a participación no XII concurso de Postais de Nadal . A participación no concurso é voluntari...