O venres 23 de febreiro foi o día de Rosalía de Castro, e no colexio Atamira conemoramos este día facendo diferentes actividades.
O alumnado de 6º de primaria foi pasando polas clases para contarlles aos máis pequenos quen era Rosalía e datos relevantes da súa vida personal e profesional como escritora. Así, todo o alumnado do colexio puido saber un pouco máis da súa biografía. Os máis maiores do colexio, tamén preparon a ofrenda floral na rúa do colexio, xa que é Rosalía de Castro quen lle da nome.
Dende a biblioteca de Sabidiña fixéronse obradoiros para traballar a Rosalía. Un deles consistíu en pintala con pincel e témperas. Mirade o resultado, que ben quedou!!
Por último, e non menos importante, cada nivel fixo algunha actividade especial para conmemorar este día, como por exemplo a elaboración de caligramas en terceiro.
Deixámosvos a continuación un vídeo con imaxes das distintas actividades realizadas para conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, un referente para a cultura e a lingua galega.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.