mércores, 27 de novembro de 2024

🎼Santa Icía🎼

O venres pasado foi Santa Icía (Santa Cecilia), patrona da música e dos músicos, e no colexio Altamira conmemorámolo. Queredes saber como?

Fixemos durante o recreo unha actuación musical tendo como protagonistas algúns alumnos e alumnas músicos, quenes trouxeron os seus instrumentos para deleitarnos cunha fantástica actuación!!

Perdíchevos esta actuación e queredes volver a vela? Clicade no seguinte vídeo e gozade dela. 

Desexamos que vos guste. Moitas gracias ao alumnado por participar e por asistir como espectadores. Ata a próxima!!

martes, 26 de novembro de 2024

💛 Dereitos da Infancia 💛

O mércores 20 de novembro foi o Día Mundial da Infancia, e no colexio solidarizámonos co noso alumnado de maneira especial para reivindicar os seus dereitos. 


Este día o alumnado e profesorado puido acudir en pixama ao colexio como acto conmemorativo. Esta iniciativa xurdiu fai cinco anos como iniciativa para reivindicar o dereito dos nenos e nenas a crecer en familia, xa que o pixama está asociado a momentos como, por exemplo, cear en familia, recibir un bico de boas noites, ler antes de durmir....

Ademais, cada curso realizou outras actividades relacionadas con dita conmemoración. Queredes saber que fixemos desde a biblioteca? 

Tres voluntarias da biblio prepararon un audiolibro para despois grabalo na Radio Altamira. Queredes ver algunhas imaxes destras tres nenas preparando o audiolibro? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas!!

Recordade, os dereitos dos nenos e nenas hai que respectalos todos os días, xa que son dereitos inalienables. 




🐜 Os de 1º coñecen a SABIDIÑA🐜

A semana pasada, o alumnado de primeiro tivo o privilexio e pracer de coñecer á mascota da biblioteca. Sabedes quen é? SABIDIÑA!! Sabidiña apareceu na nosa biblioteca para darlle a benvida aos máis pequenos do Altamira. 

Queredes saber ou recodar a historia de Sabidiña? Aí vai, lede atentamente...

Sabidiña é unha formiga que vive na nosa biblioteca dende fai moooooitos anos. Chegou ao noso cole na mochila dun neno dende o Borralliño, si, o lugar onde celebramos o Magosto. 

Dende entón, vive entre os libros da biblioteca e aliméntase dos restos das merendas dos nenos e nenas do CEP Altamira. 

Pero quero que saibades unha cousa moi importante... Esta formiga só se deixa ver en ocasións moi especiaciais e só a conseguen ver os nenos e nenas que cren na maxia de Sabidiña.

Todos os nenos e nenas de primeiro chegaron a ver a Sabidiña, o que quere dicir que si cren na súa maxia. 

Despois de coñecer aos máis pequenos, Sabidiña visitou algunhas das aulas do cole para visitar aos demais nenos e nenas do colexio e sacarlles un sorriso. 

Se clicades no seguinte vídeo podedes ver este momento tan especial!! Desexamos que vos guste. 



martes, 12 de novembro de 2024

🎃 Samaín🎃

O martes 29 de outubro conmemoramos no colexio o Samaín. O voluntariado da biblio foi o encargado de deseñar e pintar o mural colocado no recibidor do cole. Este día, o alumnado podía vir disfrazado co disfrace que quixera, eso sí, tiña que ser terrorífico.

Despois, as mestras de cada nivel organizaron diversas actividades para facer neste día de moito medo. Algúns cursos viron películas, outros cantaron cancións de Samaín, outros fixeron manualidades, e outros cursos fixeron merendas terroríficas coa colaboración das familias. 

A maiores, na biblioteca houbo un expositor con libros e contos relacionados con esta temática para que o alumnado puidera ler durante o recreo ou ao longo da semana. A continuación deixámosvos algunhas das novidades terroríficas que podedes atopar na biblio de Sabidiña. 


Queredes ver algunhas fotografías deste día de Samaín no Altamira? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas. Desexamos que vos gusten!!






martes, 5 de novembro de 2024

🎶Inauguración musical 🎶

Aproveitando que o xoves 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas, o equipo de biblioteca e as profes de música organizaron unha inauguración musical.

Xa sabedes que o tema do proxecto deste ano é o baile e a música, non? Pois aproveitrando esta temática, algunhas mestras do cole aproveitaron a súa destreza musical para participar nesta inauguración tocando instrumentos e cantando. 

Realizouse durante o recreo na bilioteca, onde todo o alumnado puido asistir voluntariamente e así dar por inaugurada oficialmente a nova biblioteca do Altamira. 

Foi un acto moi emotivo e orixinal, onde o alumnado e o profesorado gozou dunha actuación musical de sobresaínte. ´

Queredes ver a actuación? Se a resposta é si, clicade no seguinte vídeo.

Gracias ao profesorado por participar e ao alumnado por asistir!! Benvidos e benvidas un curso máis á biblioteca!!

🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Como todos os anos, dende o colexio propoñemos a participación no XII concurso de Postais de Nadal . A participación no concurso é voluntari...