O martes 29 de outubro conmemoramos no colexio o Samaín. O voluntariado da biblio foi o encargado de deseñar e pintar o mural colocado no recibidor do cole. Este día, o alumnado podía vir disfrazado co disfrace que quixera, eso sí, tiña que ser terrorífico.
Despois, as mestras de cada nivel organizaron diversas actividades para facer neste día de moito medo. Algúns cursos viron películas, outros cantaron cancións de Samaín, outros fixeron manualidades, e outros cursos fixeron merendas terroríficas coa colaboración das familias.
A maiores, na biblioteca houbo un expositor con libros e contos relacionados con esta temática para que o alumnado puidera ler durante o recreo ou ao longo da semana. A continuación deixámosvos algunhas das novidades terroríficas que podedes atopar na biblio de Sabidiña.
Queredes ver algunhas fotografías deste día de Samaín no Altamira? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas. Desexamos que vos gusten!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.