O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos que fixemos durante a semana.
luns, 29 de novembro de 2021
O 25 de novembro en Bibliosabidiña.
sábado, 20 de novembro de 2021
👧 O 20 de novembro: Dia Universal dos Dereitos dos Neno 👦
Hoxe é 20 de novembro, o Día Universal dos Dereitos do Neno, e na Bibliosabidiña quixemos recordalo así:
venres, 19 de novembro de 2021
🎨 Voluntarios de 6ºB decoran as caixas de lectura 🎨.
A semana pasada, os artistas voluntarios de 6ºB decoraron as caixas para as lecturas colectivas do primeiro ciclo. Que sorte teñen os máis peques!
Lecturas para o 25 de novembro
Bibliosabidiña ten xa estas novas lecturas, relacionadas co día 25 de novembro. Animádevos a coñecelas!
xoves, 11 de novembro de 2021
🐥 As curuxas de 4ºA 🐥
Aquí vos deixamos unha mostra das fermosas curuxas coas que o alumnado de 4ºA colaborou coa nosa BiblioSabidiña.
luns, 8 de novembro de 2021
Voluntarios en Radiosabidiña, no primeiro programa da tempada.
O 8 de novembro, os voluntarios de RadioSabidiña fixeron o primeiro programa de este curso. Faláronnos do proxecto, nomearon seres mitolóxicos máis coñecidos, recomendáronnos libros de medo polo Samaín e mesmo compartiron con nós unha historia de medo terrorífica 👻 Moitas grazas a todos!!
venres, 5 de novembro de 2021
Voluntarios de 6ºA decorando a árbore de Bibliosabidiña no outono.
Xa chega o outono!!! E este ano, os nosos voluntarios axúdannos a poñer a punto a árbore de Bibliosabidiña.
mércores, 3 de novembro de 2021
Exposición de seres mitolóxicos e fantásticos con productos do outono.
Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos feitos polo alumnado sobre os seres mitolóxicos e fantásticos con productos do outono. Recoñecedes os vosos?🍄🌰🍊🍎
O 3 de novembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade
O día 3 de novembro, os voluntarios de 5ºA realizaron estas actividades para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esperamos que vos gusten!
martes, 2 de novembro de 2021
🐒 Voluntarios de 6ºA e " A historia dos bonobos con lentes" 🐒.
Os voluntarios de 6ºA comezan a elaboración do teatro de sombras chinesas "A historia dos bonobos con lentes". Manterémosvos informados!
🏡 Visita de Andrea Maceiras 🏡
Hoxe o alumnado de 6º A, 6º B e 6º C recibiu a visita de Andrea Maceiras, autora, entre outras obras, da nosa lectura deste curso Alma de el...
-
O noso cole participa no proxecto "ProxectaEconecta", no que a nosa Bibliosabidiña colabora activamente. Se queredes saber máis so...
-
E velaquí os gañadores da Xincana Florencio Delgado Gurriarán recibindo uns agasallos. Ademáis, os premiados de 4º, 5º e 6º participaron no ...