sábado, 26 de novembro de 2022

🐦 O 25 N 🐦

Como cada ano, dende Bibliosabidiña e para todo o centro, lembrámonos do 25 N, como data para a eliminación da violencia, en especial a que poden sufrir as mulleres e as nenas. Aínda que xa temos moito camiño percorrido, é importante que os máis cativos saiban que todavía queda moito por facer. Aquí deixámosvos unha mostra dalgunhas das actividades que realizamos neses días.









venres, 25 de novembro de 2022

🌰🍁 Exposición de froitos do outono 🌰🍁

 E como cada ano, chegou a nosa exposición cos froitos do outono, en colaboración cos equipos de actividades complementarias e extraescolares, dinamización da lingua e biblioteca. Foi todo un éxito, e para compartilo convosco, editamos este video cunha mostra dos traballos realizados. Esperamos que vos guste!


 

🔑 Video clip "Bajo llave" 🔑

 E despois de moitos preparativos e sesións de gravación...aquí está o esperado video da canción "Bajo llave", do grupo Rouge Bandits, filmado cos voluntarios da biblioteca do noso centro. A canción fala sobre o acoso na escola, facéndoo visible e lembrándonos que sempre debemos estar atentos ante estas situacións e axudar a quen o está está sufrindo, para que non se repita. Esperamos que disfrutedes moito co resultado final!

https://youtu.be/eJ1opkK_iCA 

Como se fixo o video clip "Bajo llave"

A productora PIXELICE enviounos este video co "como se fixo" do video clip "Bajo llave", rodado no noso centro, coa colaboración dos voluntarios da biblioteca. Picade no enlace para visualizalo e...non volo perdades!

 

https://drive.google.com/drive/folders/1-0UFgofZVKpjZw0Wmk3iCq_mUzFWIesl 

 

 

venres, 18 de novembro de 2022

👧 Día dos Dereitos do Neno 👦

 O 20 de Novembro celébrase o Día dos Dereitos do Neno e da nena. No cole non quixemos deixar pasar esta oportunidade sen lembrarlle e concienciar ó alumnado sobre os seus dereitos, cun día cheo de actividades. Esperamos que vos guste!


 

venres, 11 de novembro de 2022

🏠 A visita de Sabidiña 🏠

 Esta mañá os alumnos de primeiro recibiron a visita da nosa mascota: Sabidiña!!! Foron momentos de lectura, escoita, algún que outro regaliño e...moita diversión!


 

xoves, 10 de novembro de 2022

🎦🎦 Semana do cine 🎦🎦

Nesta ocasión, deixámosvos unha mostra das actividades que fixeron  os voluntarios da biblioteca, algunhas delas con motivo da nosa "Semana do cine no Altamira". Esperamos que vos gusten!




 


mércores, 9 de novembro de 2022

💜 Ensaiando un video clip 💜

Velaquí tedes un video sobre os ensaios e traballo que os voluntarios de Bibliosabidiña están facendo este días. Trátase dun video clip sobre o bullying, que pronto se estrenará. Ficade atentos!!! 



mércores, 2 de novembro de 2022

🎃 Novidades de Samaín e actividades dos voluntarios 🎃


Aquí deixámosvos as novidades lectoras e unha mostra dalgunhas das actividades feitas cos voluntarios de Bibliosabidiña nestas datas tan terroríficas. 





📖Visita de Pere Tobaruela📖

O día 16 de abril, o alumnado de 4º A e de 4º B recibiron unha visita moi especial.  O escritor  Pere Tobaruela  visitou a bilioteca de Sabi...