E chegou o día! Despois de moitos traballo e nervios...o 24 de outubro innauguramos a apertura de Bibliosabidiña neste curso 2022-23. Pasámolo moi ben, con diferentes actividades e música en directo incluída, a cargo das nosas mestras de música. Nos vídeos aquí abaixo podedes ver un resumo de todo o que aconteceu 😁
venres, 28 de outubro de 2022
🎃 As recomendacións de Samaín e expositor na biblioteca 🎃
Durante estes días, querémosvos facer unhas recomendacións lectoras cheas de misterio e emoción. Non perdades detalle!
E se o que preferides é ler no cole, en Bibliosabidiña deixámosvos unha exposición con títulos terroríficos!
xoves, 20 de outubro de 2022
Preparativos para a innauguración da biblio no curso 22-23
E velaquí deixámosvos unha mostra de todo o feito polo voluntariado de Bibliosabidiña nestes días previos á innauguración da biblioteca. Xa falta pouco para o gran día, o 24 de outubro! Moitas grazas a todos os que estades colaborando para que ese sexa un día moi especial. Xa queda pouco!!
mércores, 19 de outubro de 2022
👻 Novidades Samaín e voluntarios 👻
Hoxe mostrámosvos as novidades lectoras que temos na Bibliosabidiña,para estas datas tan terroríficas que se aveciñan. Esperamos que vos gusten! Tamén queremos agradecer a colaboración dos voluntarios da biblioteca, na decoración da sala e a entrada. Por unha chea de recreos creativos!
martes, 18 de outubro de 2022
🎒 Entrega de mochilas viaxeiras 🎒
Estades dispostos a vivir novas aventuras? Pois chegou o día! Levamos para casa as mochilas viaxeiras, cun pouquiño de todo. Soamente falta gozalas e compartilas!
luns, 3 de outubro de 2022
🌟 Volven as MOCHILAS VIAXEIRAS!! 🌟
E por fin chegou o momento: as mochilas viaxeiras regresan ó Altamira. Esperamos que as disfrutedes lendo, escoitando, observando ou debuxando tanto coma nós seleccionando o seu contido. Botade un ollo!
Recomendacións para o verán
Xa temos aquí as recomendacións da biblioteca para este verán. Disfrutade das cosas vacacións con un bo libro nas mans.

-
Coa celebración de hoxe do Día das Letras Galegas os deixamos este vídeo da escritora Paula Carballeira sobre Ricardo Carvalho Caler...
-
O noso cole participa no proxecto "ProxectaEconecta", no que a nosa Bibliosabidiña colabora activamente. Se queredes saber máis so...