O martes 23 de abril conmemoramos o Día Internacional do Libro no Altamira. A actividade organizada dende a biblioteca foi o apadriñamento lector.
Os más maiores do colexio foron os padriños e, os máis pequenos, os apadriñados (6º apadriñou a 3º, 5º apadriñou a 1º e 4º a 2º). Despois do recreo, cada padriño co seu apadriñado tivo que crear unha historia onde apareceran os deportes elexidos por cada clase. Esa historia tiñan que escribila nunha plantilla facilitada polo equipo de biblioteca e depois decorala o mellor posible.
Previamente á elaboración conxunta da historia, os padriños tiveron que contarlle aos apadriñados información do seu deporte, e viceversa. Ao finalizar a actividades, algunhas clases intercambiaron agasallos entre eles.
Así, o alumnado do Altamira creou historias moi creativas e divertidas. Todas elas estiveron expostas na entrada do colexio para poder lelas, e as máis orixinais foron premiadas. Aquí tedes unha foto cos traballos que foron premiados e co alumnado gañador do concurso.
A maiores, polo día do libro o equipo de biblioteca organizou un concurso chamado "Quen é quen?" co obxectivo de que o alumnado adivinase cal era o libro favorito do profesorado. Aquí tedes unha foto das gañadoras do concurso.
Por último, deixámosvos un vídeo con imaxes deste día do Libro no noso colexio. Desexamos que vos guste!!