xoves, 12 de decembro de 2019
Mércores musicais
Xa está aquí o Mércores Musical. Nesta ocasión, un grupo de nenos de 4º, 5º e 6º nivel nos deleitaron cunha música galega e, ademáis, unhas nenas de 5º nivel cantáronnos unha canción.
Novidades 2019
mércores, 27 de novembro de 2019
Agasallo de plantas e "Venres de contos"
Os voluntari@s da biblioteca e a profesora Iria ( Obradoiro de Xardinería) regaláronnos unhas plantas para decorar a biblioteca.
Ademáis, o pasado venres, as alumnas Cloe, Aroa e Daniela leron un conto aos alumn@s presentes na biblioteca no "Venres de contos".
Saída 1º Ciclo a Fundación Sales
Os alumn@s de 1º e 2º nivel fixeron unha saída a Fundación Sales en consonancia co Proxecto da Biblioteca de este curso escolar.
venres, 22 de novembro de 2019
Contra a Violencia de Xénero
As voluntarias da biblioteca fixeron un video "Contra a Violencia de Xénero".
mércores, 20 de novembro de 2019
Radio
O mércores 13 comezamos Radiosabidiña... Nesta ocasión comezamos coas novas da Biblioteca con respeto ao cómic manga, exposicións de outono e Samaín, préstamo de revistas e periódicos e deron as grazas a tod@s por participar na Exposición do Herbario e aos premiados.
xoves, 14 de novembro de 2019
Exposición "O noso herbario"
No CEP Altamira fixemos un herbario coas plantas típicas do outono. Os alumn@s trouxeron da casa a súa planta e fixemos unha exposición onde podían admirar os traballos de todos os alumn@s.
Moitas grazas a todos os alumn@s que participaron, as famlias deses alumn@s que axudaron, as diferentes comisións do CEP Altamira pola súa colaboración: Comisión de Actividades Complementarias e Extraescolares, Comisión de Normalización Lingüística, Comisión de Biblioteca e Comisión de TIC.
Moitas grazas a tod@s!
mércores, 30 de outubro de 2019
Voluntari@s da Biblioteca
Como todos os anos, algúns alumn@s de 6º, ofrécense voluntari@s para axudar os mestr@s da biblioteca do colexio. Aquí tedes os de este curso escolar 2019/2020.
martes, 29 de outubro de 2019
Día das bibliotecas escolares
No Día das Bibliotecas Escolares tivemos o grande privilexio de asistir ao concerto de "Os Stars".
Foi un concerto alucinante!
Moitas grazas "Os Stars"!
mércores, 23 de outubro de 2019
Semana polo Clima
No CEP Altamira celebrouse a Semana polo Clima, para concienciar ao noso alumnado da importancia do coidado do noso planeta. Nesta ocasión, fixeron diferentes carteis polo Cambio Climático.
mércores, 16 de outubro de 2019
Mochilas viaxeiras
Xa temos todo preparado para entregar aos distintos niveis as mochilas viaxeiras. Ademáis fíxose unha formación de usuarios no 1º nivel.
mércores, 9 de outubro de 2019
Acto de inauguración da biblioteca 19/20
Xa comezamos un novo curso escolar e a biblioteca do CEP Altamira abre as súas portas cun acto de inauguración onde os alumn@s asistiron a un concerto realizado por mestr@s do colexio e presentados polas voluntarias da biblioteca. Tamén tivemos unha visita inesperada: a nosa mascota Sabidiña.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
🌲Obradoiro de papiroflexia🌲
Xa damos comezo a un novo trimestre, e por ende, a novas actividades e obradoiros que seguiremos realizando na nosa biblioteca. Pero antes ...
-
Decembro foi un mes cargadiño de datas importantes ademais do Nadal. O 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidad...
-
O día 12 de marzo, o alumnado de 6º A e de 6º C recibiron unha visita moi importante... Adiviñades quen foi? O debuxante e escritor galego ...