mércores, 8 de marzo de 2023

💁 O 8 de marzo 💁

 

Dende Bibliosabidiña queremos dar a nosa especial homenaxe a tódalas mulleres e nenas que protagonizan as nosas lecturas. Esperamos que vos guste!





xoves, 2 de marzo de 2023

Día de Rosalía de Castro

 Como cada 23 de febreiro, quixemos homenaxear á nosa galega máis ilustre, Rosalía de Castro. Estes son algúns dos traballos que fixeron os voluntarios co gallo de tan sinalada data. Esperamos que vos gusten!








 


 





mércores, 1 de marzo de 2023

🥁 Os xoves musicais 🎸

Deixámosvos unha mostra do que pasa os xoves na nosa Bibliosabidiña. Potenciamos a linguaxe expresiva na súa vertente máis emocional e a posta en valor dese tesouro que a ninguén deixa indiferente: a música. 

 




martes, 7 de febreiro de 2023

📽 Unhas recomendacións de película 📽

 

💫 E que facemos hoxe no recreo? 💫

 Se queredes saber que pasa en Bibliosabidiña nos tempos de recreo...aquí tedes unha mostra fotográfica. Apetéceche aprender sobre robótica, artes plásticas, escoitar un conto, xogar...pois non dubides en pasar polos nosos recreos creativos.



 


 

xoves, 2 de febreiro de 2023

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 O 30 de xaneiro, como cada ano, conmemoramos o Día da Paz. Para esta data tan importante, dende Bibliosabidiña levamos a cabo varias actividades como:

O mural "Pecha os ollos e pensa na paz, que ves?, no que o alumnado expresouse libremente sobre o tema,  o ´"Buzón dos pensamentos bonitos", no que o alumnado escribiu ou debuxou algo bonito a outro compañeiro. Tamén fixemos un recitado de poemas a cargo dos voluntarios de 6º B e un contacontos a cargo de Marta e María, de 5º D.

Estes foron os nosos pequenos xestos, aínda que sabemos, a paz debémola cultivar tódolos días do ano. Velaquí deixámosvos unha mostra das actividades:
















O club de lectura de sextos

 Do 23 ao 30 de xaneiro fixemos unhas xornadas de convivencia co voluntariado de sexto curso. Compartimos moitas experiencias de lectura e diversión. Unhas xornadas inolvidables. Moitas grazas por participar!


 

venres, 13 de xaneiro de 2023

🧳 Mochilas viaxeiras 🧳

 E chegou o día! Esta mañá fixemos a entrega das "Pintiñas" para os máis cativos e tamén das mochilas viaxeiras. Están cheas de novidades e cousiñas interesantes para pasar un bo rato compartido ou en solitario. Esperamos que as disfrutedes!


 

💁 O 8 de marzo 💁

  Dende Bibliosabidiña queremos dar a nosa especial homenaxe a tódalas mulleres e nenas que protagonizan as nosas lecturas. Esperamos que vo...