O mes de Novembro foi un mes de celebracións na bilioteca do Altamira!!
Como xa sabedes, o 25 de Novembro foi o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O alumnado voluntario da bilioteca de Sabidiña traballou moito e fixo diferentes carteis e debuxos para decorar o colexio con motivo desta data tan significativa.
Adornaron o colexio con carteis reivindicando a eliminación de estereotipos de xénero. Algúns exemplos destes lemas foron:
- "As cores non teñen xénero".
- "Os deportes non teñen xénero".
Ademais, o 27 de novembro, toda a comunidade educativa fomos á praza do Concello para apoiar ás mulleres que sofren ou sufriron este tipo de violencia co noso lema:
POÑAMOS FIN A ESTE MAR DE BÁGOAS
A continuación, deixámosvos un vídeo con fotos do alumnado traballando e tamén do acto realizado no Concello. Gracias por lernos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.