mércores, 13 de decembro de 2023

📖 Contacontos no CRA 📖

Ola de novo comunidade educativa!!

Fai unhas semanas, o alumnado voluntariado da biblioteca pertencente ao curso 6º C baixaron ao CRA Raíña Aragonta para facer unha actividade moi interesante... Cal credes que foi??

A actividade consistiu en contarlle contos ás xeracións máis novas de Salceda de Caselas. Para iso, o alumnado voluntario organizouse en tres pequenos grupos para lerlles e representarlles un conto aos alumnos e alumnas de 3, 4 e 5 anos.

Os libros elixidos para contarlle aos máis pequenos foron os seguintes tres: 
  1. "O moco máis rico do mundo". 
  2. "Luuume!
  3. "Pero que terá Tomasa?". 
O alumnado do Altamira fíxoo moi ben e xunto co alumnado do CRA pasaron un momento moi ameno!!
A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías desta actividade tan especial!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

📚 Apadriñamentos Lectores no CRA📚

O 12, 13 e 14 de marzo o noso alumnado voluntario de 5º e 6º baixou ao CRA Raíña Aragonta para facer unha actividade moi bonita:  apadriñame...