xoves, 21 de decembro de 2023

🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Este Nadal, dende a biblioteca do colexio fíxose como tódolos anos o Concurso de Postais para que o alumnado de todos os niveis puidera participar voluntariamente. 

O alumnado participou moito e fixeron postais moi orixinais e navideñas!! Esta semana, o xurado do concurso elexiu as postais gañadoras de cada curso. Cada gañador e gañadora obtivo como regalo un libro personalizado, tendo en conta os seus gustos lectores. Que xurado máis xeneroso!!

A continuación, deixámosvos unha imaxe cos nomes dos gañadores e gañadoras e as postais premiadas. 



Tamén vos deixamos a ligazón para ver un vídeo con fotos das actividades realizadas durante este Nadal. 

Gracias a todos e todas as que participáchedes e parabéns aos gañadores e gañadoras do concurso!!

Feliz Nadal e próspero ano novo, familias!! Vémonos á volta!!

Felicitación de Nadal



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

📖Visita de Pere Tobaruela📖

O día 16 de abril, o alumnado de 4º A e de 4º B recibiron unha visita moi especial.  O escritor  Pere Tobaruela  visitou a bilioteca de Sabi...