venres, 27 de outubro de 2023

🐜 Visita de Sabidiña!! 🐜

Onte, día 26 de outubro, o alumnado do primeiro curso recibiu unha visita moi especial para conmemorar o día dos pequenos lectores. Sabedes quen foi?? Sabidiña!!! 

Recordade que Sabidiña é a macota da nosa biblioteca e onte, con moita alegría e ilusión, estivo no seu lugar favorito entregando agasallos a cada clase, e enchendo de sorrisos e sorpresas aos máis pequenos do cole. 

Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos e contentos coa visita da nosa Sabidiña. 










mércores, 25 de outubro de 2023

🎃 Novidades de Samaín 🎃

Onte, día 24 de outubro, foi o día das Bibliotecas Escolares. Para conmemorar este día tan importante, o alumnado voluntario do CEIP Altamira fixo moitos traballos orixinais. A continuación, deixámosvos unhas fotos para que vexades ao alumnado voluntario traballando na biblioteca. 





A maiores, no mes de outubro ademais de celebrar o día das Bibliotecas Escolares tamén conmemoraremos... o Samaín!! Para iso, a biblioteca de Sabidiña estará chea de novidades terroríficas e entretidas para que o noso alumnado as desfrute. 

A continuación, tedes algúns exemplos dos libros que vos podedes atopar na biblio durante os próximos días.




mércores, 18 de outubro de 2023

📘 Mes de bibliotecas escolares e Día das Escritoras📘

Outubro, ademáis de ser o mes do Samaín e do Magosto, tamén é o mes de conmemoración das bibliotecas escolares. 

Por ende, dende a biblioteca do CEP Altamira comezamos esta celebración coa inauguración das... MOCHILAS VIAXEIRAS!!! Estas mochilas viaxarán durante todo o curso a cada unhas das casas do alumnado para poder ler coas familias os libros tan interesantes e máxicos que contén. 




Como podedes ver nas seguintes imaxes, o alumnado quedou contentísimo!!





Ademáis, o venres 16 de outubro conmemorouse o Día das Escritoras na biblio de Sabidiña co obxectivo de apoiar e reivindicar a labor e o legado de todas as mulleres que senten paixón e admiración pola escritura. 



A continuación, deixámosvos enlaces directos a algúns dos podcast que grabaron as voluntarias da biblioteca!!






mércores, 4 de outubro de 2023

📕 Inauguramos a biblioteca!! 📕

Hoxe abrimos as portas da biblioteca de Sabidiña para darlle a benvida ao alumnado a este novo curso escolar 2023-2024.

Os nenos e nenas do cole puideron asistir á inauguración da biblioteca onde houbo un pequeno concerto protagonizado por profesorado do centro.

A partir de hoxe, as portas da biblio de Sabidiña quedarán abertas no recreo para poder participar nas actividades programadas polo voluntariado de biblioteca e realizar o préstamo de libros. 

Comezamos o curso escolar con moitas ganas, ilusión e novidades na biblioteca do Altamira!!






A continuación, deixámosvos un vídeo da actuación. Foi xenial!!










📖Visita de Pere Tobaruela📖

O día 16 de abril, o alumnado de 4º A e de 4º B recibiron unha visita moi especial.  O escritor  Pere Tobaruela  visitou a bilioteca de Sabi...