martes, 21 de decembro de 2021

🎄O Nadal en Bibliosabidiña🤶

Deixámosvos unha mostra dos traballos que leveron a cabo na nosa biblioteca durante estes dias, con motivo do Nadal. Moitas grazas a todo o alumnado participante e...

 MOI BOAS FESTAS!!!


 

A estraña visita

 Aquí deixámosvos unha mostra dos traballos que están facendo os voluntarios de 6ºD, creando as personaxes do conto "A estraña visita". Esperamos que vos guste!


 

Decoración da árbore da biblioteca

 Como non podía ser doutro xeito, decoramos a árbore da entrada á Bibliosabidiña. Moitas grazas aos voluntarios de 5ºB, que colaboraron engadindo raposos e elfos.


 

Concurso de postais de Nadal

 Velaquí tedes as postais gañadoras do concurso de Nadal. Este ano estivo reñidíiiisimo!!! Moitas grazas a todos pola vosa participación e noraboa aos premiados!!
 






🎅 Lecturas recomendas para NADAL 🎄

  Como cada ano, Bibliosabidiña quere convidarvos á lectura durante estas festas, cunha selección moi especial. Por unhas Felices Festas cheas de lectura!!!


🎄🎅 Felicitación de Nadal 🎄🎅

 Este ano, os voluntarios de biblioteca de 5º B felicitaron o vindeiro Nadal 2021, aos alumnos do CRA Raíña Aragonta, cun video moi especial. Esperamos que vos guste e...

MOI FELICES FESTAS A TODOS!!!!




venres, 3 de decembro de 2021

Lecturas recomendadas polo Día da Discapacidade

 O 3 de decembro conmemórase o Día das Persoas con Discapacidade, así que Bibliosabidiña quere presentarvos as lecturas recomendadas para esta data tan especial. Esperamos que vos gusten!



🎅 Bases do IX Concurso de postais de Nadal 🎄

 Xa chega o Nadal! E como cada ano por estas datas, queremos invitarvos a participar no concurso de postais. Aquí deixámosvos as bases. Moita sorte a todos!

 


 

luns, 29 de novembro de 2021

O 25 de novembro en Bibliosabidiña.



 O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos que fixemos durante a semana. 



sábado, 20 de novembro de 2021

venres, 19 de novembro de 2021

🎨 Voluntarios de 6ºB decoran as caixas de lectura 🎨.

 A semana pasada, os artistas voluntarios de 6ºB decoraron as caixas para as lecturas colectivas do primeiro ciclo. Que sorte teñen os máis peques!


 

Lecturas para o 25 de novembro

 Bibliosabidiña ten xa estas novas lecturas, relacionadas co día 25 de novembro. Animádevos a coñecelas!



xoves, 11 de novembro de 2021

🐥 As curuxas de 4ºA 🐥

Aquí vos deixamos unha mostra das fermosas curuxas coas que o alumnado de 4ºA colaborou coa nosa BiblioSabidiña.


 

 

luns, 8 de novembro de 2021

Voluntarios en Radiosabidiña, no primeiro programa da tempada.

 O 8 de novembro, os voluntarios de RadioSabidiña fixeron o primeiro programa de este curso. Faláronnos do proxecto, nomearon seres mitolóxicos máis coñecidos, recomendáronnos libros de medo polo Samaín e mesmo compartiron con nós unha historia de medo terrorífica  👻 Moitas grazas a todos!!




venres, 5 de novembro de 2021

mércores, 3 de novembro de 2021

Exposición de seres mitolóxicos e fantásticos con productos do outono.


 Aquí vos deixamos unha mostra dos traballos feitos polo alumnado sobre os seres mitolóxicos e fantásticos con productos do outono. Recoñecedes os vosos?
🍄🌰🍊🍎


O 3 de novembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

 O día 3 de novembro, os voluntarios de 5ºA realizaron estas actividades para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Esperamos que vos gusten!



martes, 2 de novembro de 2021

🐒 Voluntarios de 6ºA e " A historia dos bonobos con lentes" 🐒.


 Os voluntarios de 6ºA comezan a elaboración do teatro de sombras chinesas "A historia dos bonobos con lentes". Manterémosvos informados!

xoves, 28 de outubro de 2021

Voluntariado 6ºB e 5ºE debuxando seres mitolóxicos.

 Este é o alumnado de 6ºB e 5ºE, que colaborando coa nosa biblioteca, deixaron uns debuxos preciosos nas nosas ventás. Canto talento!



martes, 26 de outubro de 2021

Voluntariado 6ºA na exposición da entrada.

 Xa temos ó voluntariado do cole traballando a tope! Neste caso, amosámosvos ó alumnado de 6ºA axudando coa exposición da entrada ó cole.


 

domingo, 24 de outubro de 2021

Hoxe conmemoramos o día das bibliotecas

 

  

Conmemoramos o día das bibliotecas coa inaguración,por parte dos alumn@s de 4º, 5º e 6º, a apertura da biblioteca do CEP Altamira. 

   Tamén os alumn@s de 1º, 2º e 3º nivel tiveron a visita da nosa mascota Sabidiña e recibiron os carros de lectura. 



 



  Os deixamos o video da visita de Sabidiña ao alumnado de 1º nivel e entregalle uns agasallos preciosos con títulos como A bruxa Brunilda, A orixe das Sereas, etc...

mércores, 20 de outubro de 2021

Voluntariado 6ºB na exposición de Samaín


 Deixámosvos unha mostra dos traballos feitos polo alumnado sobre seres mitolóxicos e fantásticos con productos de outono. Esperamos que vos guste!  🎃🦄



luns, 18 de outubro de 2021

luns, 13 de setembro de 2021

Benvidos ao novo curso!

  Xa estamos de volta ao CEP Altamira! Benvidos a tod@s!. Estamos preparando todo, novos proxectos, libros, actividades,... Preparádevos ben que ides pasalo xenial! 










 

 

mércores, 23 de xuño de 2021

martes, 22 de xuño de 2021

Final de curso e entrega de agasallos

    Un curso máis que chega ao seu fin e como todos os anos, os voluntari@s da biblioteca, reciben un pequeno agasallo para agradecerlles todo o grande traballo e axuda que porporcionaron a nosa biblioteca. Moitas grazas a tod@s. Disfrutade moito das vacacións e moita sorte aos alumn@s de 6º nivel na nova etapa que ides a comezar.                                     

                             Boas vacacións a tod@s!

mércores, 9 de xuño de 2021

martes, 8 de xuño de 2021

Día dos océanos

   Hoxe conmemoramos o Día dos océanos. Os voluntari@s de 5 º C realizaron un mural onde aportaron ideas sobre os océanoS.

Os alumn@s de 1º nivel e infantil traballan o conto: Barxilon e Xa voou

    Os nosos alumn@s de 1º nivel e infantil traballaron nas súas aulas os libros de "Barxilon" e "Xa voou". Os deixamos as súas maravillosas obras de arte. 

sábado, 5 de xuño de 2021

Día Mundial do Medio ambiente

 Hoxe, día 5 de xuño, a biblioteca do CEP Altamira celebra o Día Mundial do Medio Ambiente. Un día moi importante que temos que ter en conta todos os días do ano. 

martes, 1 de xuño de 2021

Bibliomóbiles do recreo

     No mes de xuño probamos no patio de primeiro  os Bibliomóbiles para que os nosos alumn@s poidan ler libros na hora do recreo ou cando eles queiran, sempre respetando as normas covid. 



luns, 31 de maio de 2021

Audiolibro: Un día no Mar

    Os deixamos un audiolibro realizado cos voluntari@s de 6º E sobre o libro " Un día no mar".

luns, 24 de maio de 2021

Canción do mar

    En colaboración coa mestra de Música do primeiro nivel, o seu alumnado traballaron unha canción do mar e fixeron uns magníficos debuxos. 

venres, 21 de maio de 2021

Videoconferencia Ana Alonso

    O alumnado de 6º A, C e D tiveron unha conferencia coa autora Ana Alonso pola merca do seu libro "Mares de Plástico".



xoves, 20 de maio de 2021

Ledicia Costas

    O alumnado de 2º nivel asistiu a unha videoconferencia con Ledicia Costas gracias a merca do seu libro. 



martes, 18 de maio de 2021

Club de lectura de 5º

    O alumnado do Club de lectura de 5º do mes de abril e maio leron o libro de Wonder. Aquí tedes o video coas actividades que realizaron.  


luns, 17 de maio de 2021

Día das Letras Galegas: Xela Arias

  Hoxe celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado a Xela Arias. Por este motivo os voluntarios de 5º A fixeron unha actividade na biblioteca sobre ela. 




mércores, 28 de abril de 2021

Audiocontos: Barxilón

   Os voluntarios de 6º nivel fixeron uns audiocontos para todos os nen@s do CEP Altamira. 

O primeiro é o libro "Barxilon" de 6º B: 


Preguntas sobre o libro:

Audioconto: Xa voouu!

   O segundo audioconto e do libro "Xa voouu!", contado polos voluntarios de 6º C. 

venres, 23 de abril de 2021

Día do libro polos voluntarios de 5º E

    Os voluntari@s de 5º E recitaron unha poesía de Ana Mª Fernández para conmemorar o Día do Libro. 

Día do Libro 1º nivel

 O alumnado de 1º nivel realizaron moitas actividades moi chulas para conmemorar este día.



 

Día do libro 5º Nivel

 Os alumn@s de 5º nivel celebraron o día do libro falándonos sobre diferentes autoras e ilustradoras de libros para que podamos coñecelas mellor. 

Día do libro 4º Nivel

 Continuamos coas celebracións. O alumnado de 4º nivel nos deixaron este video para celebrar este día. Podedes ver cal son os seus libros preferidos e así animarvos a lelos. 


Día do Libro 3º Nivel

 Hoxe, día 23 de abril, festexamos no CEP Altamira o Día do Libro. O alumnado de 3º nivel realizou este video tan especial onde nos presentan os seus libros preferidos.


Día do libro 6º Nivel

 Por último os deixamos os videos que elaboraron os alumn@s de 6º Nivel con motivo do día do Libro. 









xoves, 22 de abril de 2021

Club de lectura 6º

    O alumnado do Club de lectura de 6º nivel tivo que ler o libro Bala perdida e A señorita Bubble. Os deixamos o video das actividades. 

Día da Terra

       A biblioteca do CEP Altamira tamén quere festexar o Día da Terra. 


luns, 19 de abril de 2021

Padlet de música para conmemorar o Día do Libro

    As mestras de música crearon un padlet sobre cancións do mar para conmemorar o Día do Libro en unión o tema da biblioteca. Deixamos o enlace para poder acceder.


Hecho con Padlet

venres, 9 de abril de 2021

Premio voluntariado 2019/2020

    Os alumn@s de 6º nivel do curso pasado disfrutaron do premio de voluntariado realizado na biblioteca. 
















venres, 2 de abril de 2021

Día Internacional do libro infantil

 O día 2 de abril se celebra o Día Internacional do libro infantil. Os deixamos uns libros que podedes encontrar na biblioteca. Animádevos a ler!

domingo, 21 de marzo de 2021

luns, 15 de marzo de 2021

Día da Muller traballadora

    Os volunatri@s de 5º D e 5º E realizaron uns traballos para festexar o Día da Muller traballadora. 

luns, 8 de marzo de 2021

mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía

 O día 24 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Os voluntari@s de 5º C realizaron a súa visión de Rosalía. Os deixamos o video: 


   Tamén fixeron un video para conmemorar este día recitando un dos seus poemas: 

martes, 23 de febreiro de 2021

Rosalia de Castro

  Para celebrar o aniversario da poetisa Rosalía de Castro os deixamos un xogo de preguntas. Pincha na imaxe:



venres, 19 de febreiro de 2021

O Entroido no CEP Altamira

 Como todos os anos, no CEP Altamira, festexamos o Entroido. E como non podía ser de outra maneira, neste curso escolar tan peculiar, tamén o celebramos pero doutra maneira. 


domingo, 14 de febreiro de 2021

Recomendacións febreiro e Día de San Valentín

 Os deixamos as recomendacións para o 14 de febreiro. Tamén podedes ler o poema que recitaron os voluntarios de 5º B. 



xoves, 11 de febreiro de 2021

Día Internacional da muller e a nena na Ciencia

 Hoxe queremos celebrar con todos vós o Día Internacional da muller e a nena na Ciencia. Un día moi importante para tod@s.


   Podedes ver un video sobre Ángeles Alvariño, unha das grandes científicas de Galicia.



sábado, 6 de febreiro de 2021

Xa chega o Entroido


 Xa estamos as portas un ano máis do Entroido. Este ano no CEP Altamira realizaremos as ordes do Meco. Aquí podedes ver o que tedes que traer gracias ao amigo de Sabidiña, o polbo do mar. 


sábado, 30 de xaneiro de 2021

Día da Paz

 No CEP Altamira celebramos o Día da Paz. O noso alumnado realizou diferentes actividades para conmemorar este día. 



🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Como todos os anos, dende o colexio propoñemos a participación no XII concurso de Postais de Nadal . A participación no concurso é voluntari...