martes, 30 de maio de 2023

🏡 Visita de Andrea Maceiras 🏡

Hoxe o alumnado de 6º A, 6º B e 6º C recibiu a visita de Andrea Maceiras, autora, entre outras obras, da nosa lectura deste curso Alma de elefante. Pasamos moi bos momentos, descubrindo que alma tiñamos cada un, escoitando a súa experiencia como escritora ou adicándonos os nosos libros. Todo un placer contar coa súa visita. Esperamos volver a vela pronto polo cole para compartir novas lecturas e aventuras!





🔖 Letras Galegas 2023 🔖

Este 17 de maio adicouse o Día das Letras Galegas a Francisco Fernández del Riego, que foi un intelectual e un dos fundadores da Editorial Galaxia. Sabías que foi inspirador do primerio Día das Letras Galegas, fai 60 anos? E que tamén foi presidente da Real Academia Galega? Aquí deixámosvos unha pequena mostra das actividades feitas polos voluntarios de 5ºA e 5º B de Bibliosabidiña.




xoves, 25 de maio de 2023

Club de lectura 6º


Deixámosvos unha mostra das xornadas co club de lectura de sexto curso. Compartimos moitas experiencias de lectura e diversión. Unhas xornadas inolvidables. Moitas grazas por participar!

 


 






mércores, 24 de maio de 2023

📖 Día do libro Gañadores do concurso "Que me contas?" 📖


Con motivo do Día do libro 2023, Bibliosabidiña organizou o concurso "Que me contas?", no que o alumnado que participou nos apadriñamentos lectores fixeron unha historia en banda deseñada sobre o libro que leron. Deixámosvos unhas fotografías cos debuxos seleccionados. Grazas a todos por participar!



 

martes, 16 de maio de 2023

🏡 Visita do autor Anxo Iglesias 🏡



 Recibimos a visita do autor Anxo Iglesias. Compartimos bos momentos e experiencias literarias. Tamén houbo tempo para xogar coa lingua e mesmo cantar. Deixámosvos un video coa visita e a entrevista que lle fixeron os alumnos en Radio Altamira. Só tedes que picar no enlace máis abaixo. Esperamos volver a velo pronto polo noso cole. Moitísimas grazas!

 

 
 
 
 

 

mércores, 10 de maio de 2023

🏡 Visita da autora Sabela Gago 🏡

Recibimos a visita da autora Sabela Gago. Compartimos bos momentos, experiencias literarias e mesmo fixemos teatro! Esperamos volver a vela pronto polo noso cole. Moitísimas grazas!


 

martes, 9 de maio de 2023

💫 Proxecto EconectaTV 💫

Este ano, Bibliosabidiña colaborou nunha experiencia práctica de Educación Primaria, que artellaba o traballo colaborativo, tanto entre profesorado coma alumnado, para crear unha curtametraxe integrado no tema e eixe conductor do PLAMBE  (O cine). Aquí tedes a ligazón para saber un pouco máis!

https://www.youtube.com/@ProxectaEconectaTV

🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Como todos os anos, dende o colexio propoñemos a participación no XII concurso de Postais de Nadal . A participación no concurso é voluntari...