mércores, 28 de febreiro de 2024

💛 15 de febreiro 💛

Despois de conmemorar o día do amor e da amizade, o día 15 de febreiro conmemorouse no primeiro nivel do Altamira o Día Internacional do Cancro Infantil
Os máis cativos do colexio e as súas mestras fixeron e decoraron lazos de cor amarela con mensaxes bonitas e motivadoras para apoiar aos nenos e nenas que padecen esta enfermidade. 

Despois, formaron un corazón amarelo con tódolos lazos no corredor do seu nivel. 

Aquí tedes imaxes deste acto emotivo que fixeron os máis pequenos do Altamira. 




💘14 de febreiro 💘

Xa líchedes no último post que durante o mes de febreiro conmemórase o día da nena na ciencia, o día da radio e tamén... o día de San Valentín. O 14 de febreiro celebrouse no Altamira o día do amor e da amizade. De que maneira?

O equipo de dinamización lingüística, en colaboración co equipo de biblioteca, organizou un concurso para todo o alumnado do centro chamado: E PORQUÉ NON EN GALEGO?

Voluntariamente, o alumnado tivo que redactar e adornar unha mensaxe con contido que amosara agarimo e afecto cara outra persoa. A mensaxe tiña que ser en galego, ademais de ser unha mensaxe orixinal e persoal. Houbo un gañador ou gañadora en cada un dos cursos, quenes obtiveron un lote de material escolar. 

Aquí tedes as imaxes das mensaxes gañadoras do concurso e a exposición de todas elas na entrada do colexio. Moitas gracias a todos e todas por participar!! Sodes uns e unhas artistazas!!






mércores, 21 de febreiro de 2024

🔬Día da Ciencia e da Radio📻

Febreiro é un mes de varias conmemoracións. Non so é o mes do amor e da amizade, senón tamén un mes para destacar ás mulleres e nenas na ciencia e a radio. 

O 11 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, e todos os xoves hai na biblioteca un obradoiro de construcción co obxectivo de potenciar a creatividade do noso alumnado. Realízase durante o recreo e o seu obxectivo é que os nenos e nenas poidan construir diferentes figuras con pezas lego poñendo en práctica a súa destreza e imaxinación. Teremos nós algunha nena científica no Altamira?

                                                                                         

A continuación, deixámosvos un catálogo de libros relacionados coa temática das mulleres na ciencia para que poidades ler ou consultar cando queirades. Todos eles están dispoñibles na biblio. 

Ademáis, o 13 de febreiro conmemorouse o Día Internacional da Radio e, dende a biblioteca do CEP Altamira queremos por en valor o grandísimo traballo e labor que o Equipo de Radio fai no noso centro. Sempre están implicados para que o noso alumnado poida crear e despois grabar o seus propios podcast. Encántanos facer podcast e encántanos Radio Altamira, A NOSA RADIO!!

Se queredes escoitar os podcast que o noso alumnado graba, podedes acceder á nosa radio na seguinte ligazón de Ivoox.


mércores, 7 de febreiro de 2024

📖Contacontos e Guasgalegando📞

Os mércores é dia de facer contacontos na biblioteca, e o pasado mércores 31 de xaneiro algunhas das nosas voluntarias da biblio fixeron un sobre o conto "Monstruo Rosa" de Olga de Dios. 

Elas encargáronse de preparar a lectura, a vestimenta e de ir avisando a todo o alumnado do cole para que asistiran ao evento. Fixérono moi ben!! 

Mentres algunhas alumnas lían o conto, outras o representaban. Aos nenos e nenas encantoulles!! Moitas gracias polo voso traballo voluntarias!!

A continuación, deixámosvos o vídeo para que poidades ver fotos da actividade. 



Para rematar este post, queremos deixar algunhas fotos dos alumnos e alumnas que gañaron o Guasgalegando durante o primeiro trimestre. Cada un deles gañaron unha chapa!! Parabéns ao gañador e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!!




🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Como todos os anos, dende o colexio propoñemos a participación no XII concurso de Postais de Nadal . A participación no concurso é voluntari...