xoves, 22 de decembro de 2022

🎄 Outras recomendacións lectoras Nadal ´22 🎄

 E para rematar este trimestre, dende o Equipo de Biblioteca, querémosvos facer unhas recomendacións lectoras que nos parecen moi interesantes, por se queredes seguir lendo nestes días de Nadal.




 


💥🎇🎅 O concurso de postais, intercambio co CEIP Infante Felipe de Salvaterra e actividades varias de Nadal 💥🎇🎅

E velaquí tedes unha mostra resumo cos finalistas e gañadores do concurso de postais de Nadal deste 2022, que xa remata. Tamén mostrámosvos ós finalistas do intercambio de postais que fixemos co CEIP Infante Felipe de Salvaterra e, por último, algunhas das actividades de Nadal feitas durante estes días en Bibliosabidiña. Parebéns para tódolos premiados e moitísimas grazas a todos os que participáchedes nas actividades. Bo Nadal a todos!










mércores, 21 de decembro de 2022

🎄 Postais finalistas 🎄


 Aquí deixámosvos unhas imaxes cos finalistas do intercambio de postais de Nadal co CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Salvaterra do Miño. Moitísimas grazas a todo o alumnado por participar e parabéns ós premiados!!

 




 

 

🌲Felicitación de Nadal para o CRA Raíña Aragonta🌲

Os voluntarios de Bibliosabidiña quixeron felicitar o Nadal ao CRA Raíña Aragonta e a todo o CEP Altamira cun video moi especial. Esperamos que vos guste.Felices Festas a todos!


 


mércores, 14 de decembro de 2022

📖 As lecturas recomendadas dende as aulas para Nadal 2022📖

Como cada ano, querémosovos recomendar lecturas para estas datas, que esperamos sexan de descanso, diversión, reunión e, como non, tamén de lectura para todos. No documento aparecen clasificadas por nivel, para que sexa máis sinxelo acertar. Dende o equipo de biblioteca aproveitamos para desexarvos moi Bo Nadal!















xoves, 8 de decembro de 2022

🚸 Por catro esquiniñas de nada 🚸

 O 3 de decembro conmemorouse o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Os voluntarios de Bibliosabidiña de 5º aproveitaron a ocasión para contarlle un conto ao alumnado do CRA Raíña Aragonta. Moitas grazas ao alumnado e mestres do CRA, xa que foi unha experiencia moi enriquecedora para todos. Deixámosovos unhas montaxes con fotos da actividade.



 

 

sábado, 26 de novembro de 2022

🐦 O 25 N 🐦

Como cada ano, dende Bibliosabidiña e para todo o centro, lembrámonos do 25 N, como data para a eliminación da violencia, en especial a que poden sufrir as mulleres e as nenas. Aínda que xa temos moito camiño percorrido, é importante que os máis cativos saiban que todavía queda moito por facer. Aquí deixámosvos unha mostra dalgunhas das actividades que realizamos neses días.









venres, 25 de novembro de 2022

🌰🍁 Exposición de froitos do outono 🌰🍁

 E como cada ano, chegou a nosa exposición cos froitos do outono, en colaboración cos equipos de actividades complementarias e extraescolares, dinamización da lingua e biblioteca. Foi todo un éxito, e para compartilo convosco, editamos este video cunha mostra dos traballos realizados. Esperamos que vos guste!


 

🔑 Video clip "Bajo llave" 🔑

 E despois de moitos preparativos e sesións de gravación...aquí está o esperado video da canción "Bajo llave", do grupo Rouge Bandits, filmado cos voluntarios da biblioteca do noso centro. A canción fala sobre o acoso na escola, facéndoo visible e lembrándonos que sempre debemos estar atentos ante estas situacións e axudar a quen o está está sufrindo, para que non se repita. Esperamos que disfrutedes moito co resultado final!

https://youtu.be/eJ1opkK_iCA 

Como se fixo o video clip "Bajo llave"

A productora PIXELICE enviounos este video co "como se fixo" do video clip "Bajo llave", rodado no noso centro, coa colaboración dos voluntarios da biblioteca. Picade no enlace para visualizalo e...non volo perdades!

 

https://drive.google.com/drive/folders/1-0UFgofZVKpjZw0Wmk3iCq_mUzFWIesl 

 

 

venres, 18 de novembro de 2022

👧 Día dos Dereitos do Neno 👦

 O 20 de Novembro celébrase o Día dos Dereitos do Neno e da nena. No cole non quixemos deixar pasar esta oportunidade sen lembrarlle e concienciar ó alumnado sobre os seus dereitos, cun día cheo de actividades. Esperamos que vos guste!


 

venres, 11 de novembro de 2022

🏠 A visita de Sabidiña 🏠

 Esta mañá os alumnos de primeiro recibiron a visita da nosa mascota: Sabidiña!!! Foron momentos de lectura, escoita, algún que outro regaliño e...moita diversión!


 

xoves, 10 de novembro de 2022

🎦🎦 Semana do cine 🎦🎦

Nesta ocasión, deixámosvos unha mostra das actividades que fixeron  os voluntarios da biblioteca, algunhas delas con motivo da nosa "Semana do cine no Altamira". Esperamos que vos gusten!




 


mércores, 9 de novembro de 2022

💜 Ensaiando un video clip 💜

Velaquí tedes un video sobre os ensaios e traballo que os voluntarios de Bibliosabidiña están facendo este días. Trátase dun video clip sobre o bullying, que pronto se estrenará. Ficade atentos!!! 



mércores, 2 de novembro de 2022

🎃 Novidades de Samaín e actividades dos voluntarios 🎃


Aquí deixámosvos as novidades lectoras e unha mostra dalgunhas das actividades feitas cos voluntarios de Bibliosabidiña nestas datas tan terroríficas. 





venres, 28 de outubro de 2022

🥳 A apertura de Bibliosabidiña Curso 22-23 🥳

E chegou o día! Despois de moitos traballo e nervios...o 24 de outubro innauguramos a apertura de Bibliosabidiña neste curso 2022-23. Pasámolo moi ben, con diferentes actividades e música en directo incluída, a cargo das nosas mestras de música. Nos vídeos aquí abaixo podedes ver un resumo de todo o que aconteceu 😁





🎃 As recomendacións de Samaín e expositor na biblioteca 🎃

Durante estes días, querémosvos facer unhas recomendacións lectoras cheas de misterio e emoción. Non perdades detalle!

E se o que preferides é ler no cole, en Bibliosabidiña deixámosvos unha exposición con títulos terroríficos! 




xoves, 20 de outubro de 2022

Preparativos para a innauguración da biblio no curso 22-23




 E velaquí deixámosvos unha mostra de todo o feito polo voluntariado de Bibliosabidiña nestes días previos á innauguración da biblioteca. Xa falta pouco para o gran día, o 24 de outubro! Moitas grazas a todos os que estades colaborando para que ese sexa un día moi especial. Xa queda pouco!!





 

 

mércores, 19 de outubro de 2022

👻 Novidades Samaín e voluntarios 👻

 Hoxe mostrámosvos as novidades lectoras que temos na Bibliosabidiña,para estas datas tan terroríficas que se aveciñan. Esperamos que vos gusten! Tamén queremos agradecer a colaboración dos voluntarios da biblioteca, na decoración da sala e a entrada. Por unha chea de recreos creativos!




 


martes, 18 de outubro de 2022

🎒 Entrega de mochilas viaxeiras 🎒

 Estades dispostos a vivir novas aventuras? Pois chegou o día! Levamos para casa as mochilas viaxeiras, cun pouquiño de todo. Soamente falta gozalas e compartilas!

 

                          








luns, 3 de outubro de 2022

🌟 Volven as MOCHILAS VIAXEIRAS!! 🌟


E por fin chegou o momento: as mochilas viaxeiras regresan ó Altamira. Esperamos que as disfrutedes lendo, escoitando, observando ou debuxando tanto coma nós seleccionando o seu contido. Botade un ollo!








📖Visita de Pere Tobaruela📖

O día 16 de abril, o alumnado de 4º A e de 4º B recibiron unha visita moi especial.  O escritor  Pere Tobaruela  visitou a bilioteca de Sabi...