Hoxe, 23 de febreiro, conmemoramos a data de nacemento da escritora galega máis universal, Rosalía de Castro. Dende Bibliosabidiña, querémosvos mostrar algunhas das actividades que realizamos cos voluntarios de 5ºE e 6ºA,
para rememorar a súa obra. Esperamos que vos guste!
venres, 25 de febreiro de 2022
🌹🌹 Día de Rosalía de Castro 🌹🌹
mércores, 23 de febreiro de 2022
venres, 18 de febreiro de 2022
🐲🐲 AS NOSAS PORTAS DE LENDA 🐲🐲
Meigas, Urcos, Gatipedros...así son as portas das nosas aulas, toda unha viaxe aos mundos da maxia e a mitoloxía. Esperamos que vos gusten!
🎆 As ordes do Meco 🎆
Como non podía ser doutro xeito, os nosos Mecos deixáronnos cada día desta semana, diferentes ordes para ir acumulando. Comeza a conta atrás para o Entroido!!!!!! 🎆🎉🎇
xoves, 17 de febreiro de 2022
📖 Constitución dos clubes de lectura 📖
luns, 14 de febreiro de 2022
Club de lectura 6º
👩 Mulleres da Ciencia 11 de febreiro 👩
Hoxe, 11 de febreiro, conmemoramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia na BiblioSabidiña. Faise necesario visibilizar o traballo das mulleres que se adican ás áreas STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics), creando así referentes femeninos para o noso alumnado, que poidan contribuir á elección destas áreas como carreiras profesionais. Deixámosvos unha mostra, esperamos que vos guste!
xoves, 10 de febreiro de 2022
Premios Guasgalegando mes de xaneiro
E estas son as premiadas do I Edición do Concurso Guasgalegando, en colaboración co equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso centro. Moitos parabéns a todas!
xoves, 3 de febreiro de 2022
☮ Día Escolar da Non Violencia e a Paz ☮
Este foi o traballo que fixeron os voluntarios de 5°B e 5ºC para conmemorar o día da Paz. O obradoiro de papiroflexia está inspirado na historia das 1000 grullas, de Sadako, en colaboración co CRA Raíña Aragonta. Esperamos que vos guste!
martes, 1 de febreiro de 2022
🕊 RaP da PaZ☮
Compartimos convosco este RAP da PAZ, composto e interpretado polo alumnado de 5ºA. A disfrutalo moito!
🏡 Visita de Andrea Maceiras 🏡
Hoxe o alumnado de 6º A, 6º B e 6º C recibiu a visita de Andrea Maceiras, autora, entre outras obras, da nosa lectura deste curso Alma de el...
-
O noso cole participa no proxecto "ProxectaEconecta", no que a nosa Bibliosabidiña colabora activamente. Se queredes saber máis so...
-
E velaquí os gañadores da Xincana Florencio Delgado Gurriarán recibindo uns agasallos. Ademáis, os premiados de 4º, 5º e 6º participaron no ...