venres, 27 de outubro de 2023

🐜 Visita de Sabidiña!! 🐜

Onte, día 26 de outubro, o alumnado do primeiro curso recibiu unha visita moi especial para conmemorar o día dos pequenos lectores. Sabedes quen foi?? Sabidiña!!! 

Recordade que Sabidiña é a macota da nosa biblioteca e onte, con moita alegría e ilusión, estivo no seu lugar favorito entregando agasallos a cada clase, e enchendo de sorrisos e sorpresas aos máis pequenos do cole. 

Os nenos e nenas quedaron moi sorprendidos e contentos coa visita da nosa Sabidiña. 










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Visita de Anxo Fariña

Anxo Fariña é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego. O alumnado de 5º C  e de 5º D tivo a sorte de poder l...