mércores, 8 de novembro de 2023

🌰 Exposición de froitos de outono 🌰

A semana pasada o alumnado do Altamira fixo unha exposición grandiosa de obras de arte sobre os Xogos Olímpicos, temática do proxecto deste ano,  utilizando como recurso principal os froitos de outono (landras, castañas, follas...). Esta iniciativa organizouse coa colaboración do equipo de Dinamización da Lingua Galega e tamén coa do equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

O alumnado foi moi participativo, xa que fixeron cousas moi orixinais e creativas. Deixámosvos a continuación un vídeo con algúns exemplares destas marabillosas creacións.

Gracias ao alumnado, profesorado e as familias pola súa colaboración!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

FROITOS DO OUTONO

  O alumnado participou na nosa tradicional exposición de  "froitos do outono",   empregando materiais como cabazas, castañas, lan...