mércores, 20 de decembro de 2023

📚🎅Lecturas recomendadas e Novidades de Nadal 📚🎅

O mes de decembro xa chegou e as vaccacións de Nadal están moi cerca... Por este motivo, dende a biblioteca de Sabidiña fixemos unha selección de lecturas recomendadas para cada curso.

Así que... agora que comeza o Nadal, podémoslle pedir a Papá Noel ou aos Reis Magos estes libros tan orixinais e divertidos. Non vos esquezades deles, porque á volta os leremos durante o momento lector todos e todas xuntas!! Desexamos que vos gusten estas recomendacións!!

Deixámosvos a continuación o enlace para que poidades ver estas recomendacións para cada curso en formato pdf!!

- Recomendacións lectoras

Para rematar este post, querémosvos ensinar algunhas das novidades lectoras dispoñibles na biblioteca para este Nadal. Cando queirades podedes ir no recreo ou durante a sesión de préstamo lector para poder lelos e consultalos. Desexamos que vos gusten!!

Bo Nadal a todos e todas dende a biblioteca do Altamira e gracias por lernos!!






Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

📜Día da Poesía 📜

O venres 21 de marzo foi o  Día da Poesía , e os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca fixeron unha entretida actividade para conmemo...