O mércores 20 de novembro foi o Día Mundial da Infancia, e no colexio solidarizámonos co noso alumnado de maneira especial para reivindicar os seus dereitos.
Este día o alumnado e profesorado puido acudir en pixama ao colexio como acto conmemorativo. Esta iniciativa xurdiu fai cinco anos como iniciativa para reivindicar o dereito dos nenos e nenas a crecer en familia, xa que o pixama está asociado a momentos como, por exemplo, cear en familia, recibir un bico de boas noites, ler antes de durmir....
Ademais, cada curso realizou outras actividades relacionadas con dita conmemoración. Queredes saber que fixemos desde a biblioteca?
Tres voluntarias da biblio prepararon un audiolibro para despois grabalo na Radio Altamira. Queredes ver algunhas imaxes destras tres nenas preparando o audiolibro? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas!!
Recordade, os dereitos dos nenos e nenas hai que respectalos todos os días, xa que son dereitos inalienables.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.