mércores, 31 de xaneiro de 2024

♡ Día da Ilustración e da Paz ♡

Onte, 30 de xaneiro, conmemorouse no colexio o Día da Ilustración e mais o Día da Non Violencia e da Paz. Por iso, dende a biblioteca fixéronse diferentes actividades relacionadas.

O día da Ilustración celébrase como cada ano o 30 de xaneiro, coincidiendo co nacemento de Castelao. Este ano 2024 homenaxeouse ao ilustrador histórico galego CHICHI CAMPOS. Dende a nosa biblioteca, as voluntarias Eire e Mei fixeron un podcast na nosa radio (Radio Altamira) para falar dunhas das súas ilustradoras favoritas: PAULA CHESHIRE. 

A continuación, deixámosvos a ligazón ao podcast de Paula Cheschire e un agradecemento para as nosas voluntarias por facer esta actividade. 




Ademais do día da Ilustración, o 30 de xaneiro tamén foi día de conmemorar a Non Violencia e a Paz. Dende a nosa biblioteca traballamos o conto "Lo que no le gusta a la guerra" e as nosas voluntarias Candela e Ángela F. presentaron un podcast sobre este conto traballado. Queredes escoitalo? Se a resposta é SI podedes clicar na seguinte ligazón para escoitalo: Podcast "O que non lle gusta á guerra".



Clicando na palabra vídeo, podedes ver algunhas fotos das actividades realizadas na biblio para conmemorar o día da Paz.

Para rematar este post, queremos deixarvos a variedade de contos relacionados coa temática da Paz que están dispoñibles na nosa biblioteca. Desexamos que vos gusten!! Gracias por lernos!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

📖Visita de Pere Tobaruela📖

O día 16 de abril, o alumnado de 4º A e de 4º B recibiron unha visita moi especial.  O escritor  Pere Tobaruela  visitou a bilioteca de Sabi...