luns, 9 de marzo de 2026

8M na biblioteca: creatividade e reflexión

Con motivo do Día Internacional da Muller, dende o centro leváronse a cabo diversas actividades para fomentar a reflexión e a creatividade en torno á igualdade.

Neste vídeo podedes ver o mural realizado a partir dunha imaxe dun cómic de Xosé Tomás, que serviu como punto de partida para traballar o papel da muller e dar visibilidade ás súas historias.
Ademais, durante o recreo elaboráronse debuxos de mulleres entre outras actividades que tiveron lugar na aula de audiovisuais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Última sesión do Club de Lectura de 6º de Primaria

Esta semana celebramos na biblioteca a última sesión do Club de Lectura co alumnado de 6º de Primaria, que en breve comezará unha nova estap...