luns, 2 de marzo de 2026

Xincana sobre Rosalía de Castro

Na biblioteca celebramos unha divertida xincana sobre Rosalía de Castro. Foi un escape room no que participou o alumnado do centro, cada clase por quendas.

Ao longo da actividade tiveron que superar diferentes probas, resolver pistas e aprender máis sobre a vida e a obra desta gran autora da nosa literatura.

Foi unha experiencia moi entretida na que, ademais de traballar en equipo, descubriron curiosidades sobre Rosalía dun xeito lúdico e diferente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Erea Mora na nosa biblioteca

O luns 9 de marzo visitou ao alumnado do segundo nivel Erea Mora.                                                                           ...