xoves, 15 de xaneiro de 2026

Txano e Óscar: unha lectura compartida en 6ªA

Durante o primeiro trimestre do curso, o alumnado  de 6ºA leu o libro de Txano e Óscar, unha lectura que nos acompañou durante as nosas horas de ler e que deu pé a reflexións, diálogos e actividades creativas arredor da historia e das súas personaxes.

Tras rematar o libro, o grupo realizou un mural colectivo no que aparecen os retratos das personaxes principais, elaborados polo propio alumnado, xunto cunha recomendación lectora.



Este mural foi colocado nun dos corredores do centro, converténdose nun pequeno escaparate lector  que chama a atención de quen pasa por alí e contribúe a dar visibilidade ao traballo realizado na aula, así como a fomentar o gusto pola lectura entre todo o alumnado. 




Desde a biblioteca escolar queremos felicitar á clase de 6ºA polo seu esforzo e creatividade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Txano e Óscar: unha lectura compartida en 6ªA

Durante o primeiro trimestre do curso, o alumnado  de 6ºA leu o libro de Txano e Óscar , unha lectura que nos acompañou durante as nosas hor...