venres, 24 de outubro de 2025

Día das Bibliotecas 2025

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas, este ano baixo o lema "Contra a desinformación: Bibliotecas" As bibliotecas son espazos de confianza, onde atopamos información fiable, aprendemos a contrastar fontes e compartimos coñecemento. Queremos dar as grazas ás nosas voluntarias e voluntarios polo seu entusiasmo, creatividade e colaboración constante. Grazas a vós, a nosa biblioteca é un lugar máis vivo, solidario e cheo de ideas. As bibliotecas fan comunidade. As bibliotecas fan futuro.
Equipo de Biblioteca

NOVIDADES DE OUTONO

Este outono, a biblioteca está chea de novas historias para descubrir. Temos lecturas de Samaín, cheas de misterio e diversión, e tamén aventuras espaciais para viaxar máis alá das estrelas. Bruxas, robots, planetas e moita imaxinación vos esperan. Tócavos elixir a vosa próxima lectura de outono!
Equipo de biblioteca

venres, 3 de outubro de 2025

As mochilas viaxeiras xa están de camiño!

Atención lectores e lectoras! As Mochilas Viaxeiras xa están listas para comezar unha nova aventura. Libros, contos, revistas... saen da biblioteca para encher os fogares de historias e bos momentos en familia.

Esperamos que desfrutedes moito esta experiencia e que cada mochila regrese cargada de historias, debuxos e emocións.

Felices lecturas viaxeiras!

Equipo de Biblioteca





venres, 19 de setembro de 2025

Benvidos e benvidas ao novo curso!

 Comezamos un novo curso con moita ilusión, e a nosa biblioteca está chea de novidades. Animádevos a visitala para desfrutar de todos os nosos libros, recunchos e actividades que temos preparadas para vós.


 

Lembrade que ler é soñar cos ollos abertos e en cada libro atopamos unha porta máxica a outros mundos.

A por un ano cheo de aprendizaxes e bos momentos de lectura!

Un saúdo dende o equipo de biblioteca


                   
                                                


luns, 30 de xuño de 2025

🔅Recomendacións de verán e despedida 🔅

Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso. 

Dende o equipo de biblioteca queremos darvos as gracias por lernos e por estar con nós un curso máis. Tamén queremos darlle as gracias as nosas voluntarias e voluntarios, que sin elas e eles non sería posible organizar e realizar tantas actividades. É un pracer traballar e compartir tempo con vós. Desexámosvos o mellor na nova etapa da vosa vida que comeza a partir de agora. 

A maiores, Sabidiña quere deixarlles ao alumnado do Altamira unhas recomendacións lectoras para que o seu verán sexa aínda máis entretido e divertido. Por certo, non vos esquezades nunca de bailarlle á vida!!


Unha aperta a toda a comunidade educativa. 

FELIZ VERÁN!!!

O equipo de biblioteca. 

venres, 27 de xuño de 2025

🎭Teatro na Galiña azul 🎭

Ao finalizar o curso, un grupo de voluntarias foron á Galiña Azul a representar a obra de teatro "Algo pasa na casa do lobo" de Susanna Isern e Ayesha L. Rubio. 

O persoal da Galiña Azul recibíronnos xenial e pasamos un momento moi agradable co alumnado máis cativo de Salceda. 

Se queredes ver a obra, podedes vela no post anterior onde xa está publicada. Moitas gracias pola acollida, ata unha próxima actividade con vós!! 





🎭 Último teatro do curso 🎭

Para despedir os grupos de teatro, as voluntarias da nosa biblio representaron unha obra do libro "Algo pasa na casa do lobo" de Susanna Isern e Ayesha L. Rubio. 

Despois de moito tempo preparando a obra, representárona na nosa biblio unha das últimas semanas do curso. Fixéronno moi ben, e os máis peques do colexio estiveron moi entretidos. Foi todo un éxito!!


Queredes ver a obra de teatro? Se a resposta é afirmativa, clicade nos seguintes vídeos e gozade dela. Tedes a parte 1 e a parte 2. 


 


Para despedir aos grupos de teatro, o equipo de biblio quixo agradecerlle o seu traballo dándolle como agasallo a mochila de Bibliotecas Escolares Solidarias. Estamos moi contentas co voso traballo e moi agradecidas. Desexamos que sigades así, esforzándovos, traballando e dando sempre o mellor de vós. 





martes, 17 de xuño de 2025

👧Os futuro alumnado coñece a nosa bibio 👦

Nesta última semana do curso, recibimos no noso colexio unha visita moi especial... Os nenos e nenas de 5 anos do CRA Raíña Aragonta visitaron o Altamira para coñecer o seu próximo colexio. 

Foron recibidos con moito agarimo e con diferentes actividades para que os cativos marcharan cunha sensación positiva e con moitas ganas de volver. 

A biblioteca de Sabidiña esperaba por eles cun contacontos protagonizado por algunhas voluntarias da biblioteca. Xuntos decidiron preparar e representar o conto "A mellor sopa do mundo" de Susanna Isern. 

Desexamos que aos cativos lles gustara o contacontos tanto como a nós a súa visita. Vémonos o vindeiro curso rapazada!!

Se queredes ver e entretervos co contacontos realizado, clicade no seguinte vídeo!!



📖 Visita de María Lado 📖

O martes 3 de xuño recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... A escritora María Lado sorprendeu ao alumnado de 3º e de 4ºB para falar do seu libro "Caramomia" nque comparte autoría con Ledicia Costas e o HematocríticoO alumnado e a autora pasaron un momento moi agradable. 


Ao final da visita, a escritora asinoulles os libros ao alumnado e deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi entretido!! Grazas por vir María, ata a próxima!!

luns, 16 de xuño de 2025

📖 Visita Ledicia Costas 📖

O mércores 4 de xuño, ademais de recibir a visita de Sabela Gago, tamén recibimos no colexio Altamira a Ledicia Costas. A escritora galega sorprendeu ao alumnado de 2º para falar do seu libro "Curriño. O can influencer". O alumnado e a autora pasaron un momento moi agradable. 

Ao final da visita, a escritora asinoulles os libros ao alumnado e deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña. Foi un momento moi entretido!! Grazas por vir Ledicia, ata a próxima!!



Día das Bibliotecas 2025

O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas , este ano baixo o lema "Contra a desinformación: Bibliotecas" As bibliotecas so...