mércores, 30 de outubro de 2019
Voluntari@s da Biblioteca
Como todos os anos, algúns alumn@s de 6º, ofrécense voluntari@s para axudar os mestr@s da biblioteca do colexio. Aquí tedes os de este curso escolar 2019/2020.
martes, 29 de outubro de 2019
Día das bibliotecas escolares
No Día das Bibliotecas Escolares tivemos o grande privilexio de asistir ao concerto de "Os Stars".
Foi un concerto alucinante!
Moitas grazas "Os Stars"!
mércores, 23 de outubro de 2019
Semana polo Clima
No CEP Altamira celebrouse a Semana polo Clima, para concienciar ao noso alumnado da importancia do coidado do noso planeta. Nesta ocasión, fixeron diferentes carteis polo Cambio Climático.
mércores, 16 de outubro de 2019
Mochilas viaxeiras
Xa temos todo preparado para entregar aos distintos niveis as mochilas viaxeiras. Ademáis fíxose unha formación de usuarios no 1º nivel.
mércores, 9 de outubro de 2019
Acto de inauguración da biblioteca 19/20
Xa comezamos un novo curso escolar e a biblioteca do CEP Altamira abre as súas portas cun acto de inauguración onde os alumn@s asistiron a un concerto realizado por mestr@s do colexio e presentados polas voluntarias da biblioteca. Tamén tivemos unha visita inesperada: a nosa mascota Sabidiña.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
🎭🎨Recreos de biblio 🎥 📚
Os recreos na nosa biblio son moi entretidos. Cada día da semana, ademáis de poder ler libremente, organízase algunha actividade diferente...

-
Decembro foi un mes cargadiño de datas importantes ademais do Nadal. O 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidad...
-
Xa damos comezo a un novo trimestre, e por ende, a novas actividades e obradoiros que seguiremos realizando na nosa biblioteca. Pero antes ...