No mes de maio, dúas alumnas voluntarias de 6º A baixaron ao CRA Raíña Aragonta para facer unha actividade moi interesante... Cal credes que foi??
xoves, 27 de xuño de 2024
📖Contacontos no CRA📖
👥Club de Lectura 6º👥
O día 14 de xuño fíxose na biblioteca o Club de Lectura co alumnado de 6º de primaria que decidiu asistir voluntariamente.
Despois da mañá, o alumnado quedou a comer no colexio. Posteriormente, organizáronse en equipos para facer unha gimkhana con probas acerca dos libros "Bala Perdida" de Manuel Rivas e "La señorita Bubble" de Ledicia Costas.
O alumnado pasou unha tarde entretida e diferente no colexio Altamira. Gracias por vir nenos e nenas!!
Aquí tedes un vídeo con fotos deste día de Club de Lectura.
📒 Letras Galegas📒
mércores, 5 de xuño de 2024
📖Visita de Pablo Prado📖
O día 16 de maio, o alumnado do terceiro curso recibiu unha visita moi especial.
O ilustrador Pablo Prado visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "Nerea. A invasión dos trastos".
Tanto os nenos e nenas de 3º como o ilustrador pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran.
Para finalizar a visita, Pablo asinoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca e no mural feito polo alumnado.
👪 Familias lectoras 3º trimestre👪
Como xa sabedes, co obxectivo de fomentar a lectura coa familia e para integrar as familias no contexto educativo, o equipo de biblioteca pr...

-
Decembro foi un mes cargadiño de datas importantes ademais do Nadal. O 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidad...
-
Xa damos comezo a un novo trimestre, e por ende, a novas actividades e obradoiros que seguiremos realizando na nosa biblioteca. Pero antes ...