venres, 30 de outubro de 2026

Samaín

 Chegou o Samaín! 

En colaboración coas nosas voluntarias decoramos a biblioteca e fixemos co noso alumnado uns obradoiros de papiroflexia terroríficos.

Para endulzar un pouco o día as nosas familias aportaron unhas merendas terroríficas.

Que ben o pasamos!

mércores, 28 de outubro de 2026

Visita de Sabidiña

O alumnado de 1º tivo una sorpresa moi especial: A visita de Sabidiña!!

Visitaron a biblioteca e coñeceron a nosa querida formiga. Tiveron a oportunidade de pasar uns intres con ela e resolver tódalas curiosidades que quixeron.

Agora Sabidiña agocharase entre os libros para seguir aprendendo e coidando da nosa biblioteca.

Volve pronto a visitarnos!


luns, 26 de outubro de 2026

Froitas de outono

Un ano máis, o noso alumnado amosou a súa creatividade ofrecendo unhas elaboracións abraiantes, da man do noso proxecto de centro "Sabidiña desmonta contos tradicionais".

Estamos moi agradecidos pola participación.

Os equipos de biblioteca e de dinamización da lingua galega.


venres, 23 de outubro de 2026

Día das bibliotecas escolares

 Grazas as nosas marabillosas voluntarias, todo estivo a punto para o gran día das bibliotecas escolares!

Para este gran día contamos coas habilidades da nosa querida mestra Paula de música. Grazas por este fantástico concerto! 


luns, 5 de outubro de 2026

Mochilas viaxeiras

 Un ano máis chega un dos momentos máis agardados...

As mochilas viaxeiras comezan a súa aventura!

Están cheíñas de novidades coas que ler, xogar, aprender e sacar partido a nosa creatividade.

Paciencia lectores, pronto recibiredes a vosa!





mércores, 23 de setembro de 2026

Novidades de outono

 

      Lectores, xa estamos en outono! Cambiamos de estación e chegan as nosas novidades. Temos novos libros tanto de consulta como de narrativa, listos para alimentar a nosa curiosidade.
      Busca o teu ciclo e elixe un novo reto!

      Esperámosvos!





luns, 14 de setembro de 2026

Quentando motores...!

 

 As nosas voluntarias traballan sen cesar para a posta a punto da nosa biblioteca. Gran traballo chicas!





martes, 23 de xuño de 2026

Grazas, voluntariado da biblioteca!

Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026.

Este vídeo é unha pequena homenaxe ao voso traballo. Grazas por facer da nosa biblioteca un lugar mellor! 

venres, 19 de xuño de 2026

Recomendacións literarias para o verán

Dende a biblioteca do CEP Altamira queremos compartir convosco unha selección de recomendacións literarias para este verán. Libros para descubrir novas historias, viaxar coa imaxinación e desfrutar da lectura durante as vacacións.

                
Feliz verán e boas lecturas!

Un curso de película... no espazo!

Ao longo deste curso viaxamos polo universo a través do noso proxecto anual, descubrindo, aprendendo e desfrutando de innumerables experiencias.

Neste vídeo recollemos unha pequena mostra de todo o vivido. Agardamos que vos guste tanto como a nós nos gustou emprender esta gran aventura espacial.


xoves, 4 de xuño de 2026

Última sesión do Club de Lectura de 6º de Primaria

Esta semana celebramos na biblioteca a última sesión do Club de Lectura co alumnado de 6º de Primaria, que en breve comezará unha nova estapa no instituto.

Nesta ocasión compartimos impresións sobre a lectura No corazón do bosque de Agustín Fernández Paz, unha obra que nos levou a reflexionar sobre a amizade, o misterio e a natureza.

Despedimos así un grupo de grandes lectoras e lectores aos que lles desexamos moita sorte no seu novo camiño. Agardamos que continúen gozando dos libros e da lectura alá onde vaian.

xoves, 28 de maio de 2026

Visita de Eva Mejuto á nosa biblioteca

A nosa biblioteca tivo a sorte de recibir a visita da marabillosa Eva Mejuto.

O alumnado de 4ºC e 4ºD leu Keko e Kika, mentres que o alumnado de 6ºA e 6ºD gozou de O día que choveron gatos. Tras a lectura, puideron coñecer de preto á autora, descubrir curiosidades sobre as súas obras e compartir con ela as súas impresións e preguntas.

Moitas grazas, Eva, pola túa visita. Foi un auténtico pracer contar contigo na nosa biblioteca.

martes, 26 de maio de 2026

Animación á lectura en 3º de Primaria

O alumnado de 3º de Primaria desfrutou dunha sesión de animación á lectura grazas ao agasallo do Consorcio. Moitas grazas!

luns, 18 de maio de 2026

Letras Galegas 2026

Na nosa biblioteca escolar celebramos as Letras Galegas 2026, adicadas este ano a Begoña Caamaño, cun festival no auditorio cheo de música e emoción.

Neste vídeo podedes ver algúns momentos da celebración e tamén o mural realizado polas voluntarias da biblioteca.

Agardamos que vos guste!

xoves, 14 de maio de 2026

Visita de Anxo Fariña

Anxo Fariña é un ilustrador, escritor e deseñador de libros infantís e xuvenís galego. O alumnado de 5º C  e de 5º D tivo a sorte de poder ler un dos seus libros e de velo en directo na nosa biblioteca.

 Moitas grazas, Anxo!

xoves, 30 de abril de 2026

Gañadores e gañadoras do Día do Libro

Os gañadores e gañadoras do eslogan feito o Día do Libro para fomentar a lectura podédelos ver nestas fotos.

Parabéns!

luns, 27 de abril de 2026

Torneo de xadrez

Na biblioteca do CEP Altamira tivo lugar o primeiro torneo de xadrez. Foi unha actividade moi especial na que o alumnado puido poñer en práctica a súa concentración, estratexia e compañeirismo arredor do taboleiro.
A experiencia resultou moi positiva e contou cunha gran participación, convertendo á biblioteca nun espazo de encontro e aprendizaxe tamén a través do xogo. Sen dúbida, unha iniciativa para repetir!



DÍA DO LIBRO

No CEP Altamira celebramos o Día do Libro ao grande. O alumnado de 6º apadriñou ao de 1º, o de 5º ao de 3º e o de 4º ao de 2º. 

Primeiramente leron un poema no que o protagonista era un libro e despois outro relacionado coa temática deste curso "o espazo". Posteriormente chegou a parte máis creativa da actividade, na que cada parella inventou un slogan para fomentar a lectura.

venres, 24 de abril de 2026

Iago López

 Hoxe o alumnado do primeiro nivel tivo o pracer de desfrutar dun ratiño co marabilloso Iago López.

Samaín

  Chegou o Samaín!  En colaboración coas nosas voluntarias decoramos a biblioteca e fixemos co noso alumnado uns  obradoiros de papiroflexia...