Desde o Departamento de Orientación nos recomendan unha serie de libros para poder levar mellor estes días de confinamento na casa e para coñecer mellor o COVI-19.
sábado, 28 de marzo de 2020
mércores, 25 de marzo de 2020
Día da poesía na Biblioteca
Como xa indicamos, este sábado 21 de marzo, conmemorouse o Día Internacional da Poesía. Dende a nosa Biblioteca Escolar estábamos organizando unha exposición para esta semana coa axuda das nosas voluntarias e voluntarios de 5º e 6º nivel que levaremos acabo en canto nos sexa posible. Deixámosvos unha mostra de cada un deles:
Contacontos
A páxina de “KalandracaTV” nos ofrece a posibilidade de escoitar, de man de contacontos, diversos contos. Aquí tedes o enlace:
http://www.kalandraka.tv/gl/index.php
http://www.kalandraka.tv/gl/index.php
martes, 24 de marzo de 2020
Descarga de libros
Aquí tedes a posibilidade de descargar gratuitamente libros de lectura. Para estes días no que todos temos que estar na casa.
sábado, 21 de marzo de 2020
Día da poesía
Con motivo da celebración do Día da poesía, aqui tedes algúns poemas cantados de Rosalía de Castro.
Poemas recitados por Aitana Sánchez Gijón.
Poema "Negra sombra" recitado por : Ariana Barrabés e publicado en Evoeh
Publicado por Sonárbore.
Xogos de Rosalía de Castro
O Equipo da Biblioteca e o Equipo de Dinamización organizamos catro xogos para conmemorar o Día de Rosalía. Os xogos consistían en ordenar unha poesía, pintar un cadro de Rosalía, unha búsqueda de pista e por último, búsqueda de palabras nun diccionario.
Traballando coa papiroflexia
O día 8 de marzo coa celebración do Día de Rosalía desde a biblioteca, coa axuda da mestra Vivi, fixemos un taller de papiroflexia que voltaremos a retomar á volta.Tamén fixemos unha exposición temática de Rosalía de Castro e outra de mulleres. Finalizamos traballando coa mestra Ana os cadros de mulleres de Brito.
martes, 10 de marzo de 2020
Día das enfermidades raras
O día 29 de febreiro celebrouse o día das enfermidades raras. Neste caso nos visitou ao colexio o tío dunha alumna de 4º B que nos dou unha charla sobre a "Pel de mariposa". Foi moi interesante.
Club de lectura 5º nivel
Repartidos os libros para o Club de lectura de 5º nivel: "La historia de Julián". Agora toca ler e nun mes reunirémonos para comentalo.
Entroido 2020
Como todos os anos, os disfraces do entroido do CEP Altamira van acorde co tema que estamos traballando na biblioteca. Quedaron todos fastásticos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Grazas, voluntariado da biblioteca!
Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026 . Este vídeo é...
-
Durante o primeiro trimestre, algúns alumnos e alumnas de 4ºB decidiron preparar e representar un contacontos. O libro que decidiron represe...
-
Un ano máis, a Biblioteca Escolar do centro, pon en marcha o noso xa tradicional Concurso de Postais de Nadal, unha actividade que busca pr...



