martes, 21 de decembro de 2021

🎄O Nadal en Bibliosabidiña🤶

Deixámosvos unha mostra dos traballos que leveron a cabo na nosa biblioteca durante estes dias, con motivo do Nadal. Moitas grazas a todo o alumnado participante e...

 MOI BOAS FESTAS!!!


 

A estraña visita

 Aquí deixámosvos unha mostra dos traballos que están facendo os voluntarios de 6ºD, creando as personaxes do conto "A estraña visita". Esperamos que vos guste!


 

Decoración da árbore da biblioteca

 Como non podía ser doutro xeito, decoramos a árbore da entrada á Bibliosabidiña. Moitas grazas aos voluntarios de 5ºB, que colaboraron engadindo raposos e elfos.


 

Concurso de postais de Nadal

 Velaquí tedes as postais gañadoras do concurso de Nadal. Este ano estivo reñidíiiisimo!!! Moitas grazas a todos pola vosa participación e noraboa aos premiados!!
 






🎅 Lecturas recomendas para NADAL 🎄

  Como cada ano, Bibliosabidiña quere convidarvos á lectura durante estas festas, cunha selección moi especial. Por unhas Felices Festas cheas de lectura!!!


🎄🎅 Felicitación de Nadal 🎄🎅

 Este ano, os voluntarios de biblioteca de 5º B felicitaron o vindeiro Nadal 2021, aos alumnos do CRA Raíña Aragonta, cun video moi especial. Esperamos que vos guste e...

MOI FELICES FESTAS A TODOS!!!!




venres, 3 de decembro de 2021

Lecturas recomendadas polo Día da Discapacidade

 O 3 de decembro conmemórase o Día das Persoas con Discapacidade, así que Bibliosabidiña quere presentarvos as lecturas recomendadas para esta data tan especial. Esperamos que vos gusten!



🎅 Bases do IX Concurso de postais de Nadal 🎄

 Xa chega o Nadal! E como cada ano por estas datas, queremos invitarvos a participar no concurso de postais. Aquí deixámosvos as bases. Moita sorte a todos!

 


 

luns, 29 de novembro de 2021

O 25 de novembro en Bibliosabidiña.



 O 25 de Novembro conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Aquí tedes unha pequena mostra dos traballos que fixemos durante a semana. 



sábado, 20 de novembro de 2021

venres, 19 de novembro de 2021

🎨 Voluntarios de 6ºB decoran as caixas de lectura 🎨.

 A semana pasada, os artistas voluntarios de 6ºB decoraron as caixas para as lecturas colectivas do primeiro ciclo. Que sorte teñen os máis peques!


 

Grazas, voluntariado da biblioteca!

Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026 . Este vídeo é...