venres, 28 de outubro de 2022

🥳 A apertura de Bibliosabidiña Curso 22-23 🥳

E chegou o día! Despois de moitos traballo e nervios...o 24 de outubro innauguramos a apertura de Bibliosabidiña neste curso 2022-23. Pasámolo moi ben, con diferentes actividades e música en directo incluída, a cargo das nosas mestras de música. Nos vídeos aquí abaixo podedes ver un resumo de todo o que aconteceu 😁





🎃 As recomendacións de Samaín e expositor na biblioteca 🎃

Durante estes días, querémosvos facer unhas recomendacións lectoras cheas de misterio e emoción. Non perdades detalle!

E se o que preferides é ler no cole, en Bibliosabidiña deixámosvos unha exposición con títulos terroríficos! 




xoves, 20 de outubro de 2022

Preparativos para a innauguración da biblio no curso 22-23




 E velaquí deixámosvos unha mostra de todo o feito polo voluntariado de Bibliosabidiña nestes días previos á innauguración da biblioteca. Xa falta pouco para o gran día, o 24 de outubro! Moitas grazas a todos os que estades colaborando para que ese sexa un día moi especial. Xa queda pouco!!





 

 

mércores, 19 de outubro de 2022

👻 Novidades Samaín e voluntarios 👻

 Hoxe mostrámosvos as novidades lectoras que temos na Bibliosabidiña,para estas datas tan terroríficas que se aveciñan. Esperamos que vos gusten! Tamén queremos agradecer a colaboración dos voluntarios da biblioteca, na decoración da sala e a entrada. Por unha chea de recreos creativos!




 


martes, 18 de outubro de 2022

🎒 Entrega de mochilas viaxeiras 🎒

 Estades dispostos a vivir novas aventuras? Pois chegou o día! Levamos para casa as mochilas viaxeiras, cun pouquiño de todo. Soamente falta gozalas e compartilas!

 

                          








luns, 3 de outubro de 2022

🌟 Volven as MOCHILAS VIAXEIRAS!! 🌟


E por fin chegou o momento: as mochilas viaxeiras regresan ó Altamira. Esperamos que as disfrutedes lendo, escoitando, observando ou debuxando tanto coma nós seleccionando o seu contido. Botade un ollo!








xoves, 8 de setembro de 2022

📽 Novo curso en marcha!! 📽

Benvidos ó novo curso 2022-23!!! Velaquí deixámosvos unha mostra do inicio dun curso de película, que de seguro estará cheo de aventuras e ilusións. Comezamos!!
 



 

xoves, 30 de xuño de 2022

Despedida dos voluntarios

Hoxe, algúns voluntarios da nosa Bibliosabidiña viñeron a despedirse por vacacións. Moitas grazas a todos polo voso traballo e dedicación!!!


 


🌅🏖📖 As recomendacións lectoras Verán´22 🌅🏖📖

Aquí tedes as nosas recomendacións lectoras para estas vacacións de verán. Busca o teu ciclo e... a disfrutar coa lectura na praia ou no campo!! Moitas grazas a todos, vémonos en setembro!!!





 

 

 

martes, 21 de xuño de 2022

🏆 Gañadores da Xincana Letras Galegas ´22 🏆

E velaquí os gañadores da Xincana Florencio Delgado Gurriarán recibindo uns agasallos. Ademáis, os premiados de 4º, 5º e 6º participaron no concurso en  RadioAltamira sobre o autor deste ano. Agradecemos tamén a participación de Leire e Sabela, por presentar o concurso. Podedes escoitalo picando no audio máis abaixo. Bo traballo e moitos parabéns! 🎇


luns, 20 de xuño de 2022

💝 Agasallo do CRA Raíña Aragonta 💝

Os voluntarios de 5ºA recibiron estes días un agasallo dende o CRA Raíña Aragonta, pola súa participación na aventura "Caselín da a volta ó mundo". Moitas grazas a todos! 



Día da infancia

 Hoxe conmemoramos o día da infancia . Viñemos en pixama para visibilizar un dos dereitos fundamentais de ter un fogar. Sabela e Sofía prep...