venres, 31 de maio de 2024

📞 Guasgalegando 3º trimestre📞

A proposta do terceiro trimestre para o concurso Guasgalegando consistiu en facer chegar lendas, ditos ou refráns galegos co obxectivo de conservar o patrimonio lingüístico. Tiñan que ser preferiblemente relacionados coa nosa contorna.

O alumnado puido partcipar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas respostas. 

A continuación deixámosvos fotos dos gañadores e gañadoras deste concurso. Cada un deles fixeron a súa propia chapa!! Parabéns aos gañadores e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!! 





mércores, 8 de maio de 2024

📚 DÍA DO LIBRO📚

O martes 23 de abril conmemoramos o Día Internacional do Libro no Altamira. A actividade organizada dende a biblioteca foi o apadriñamento lector.

Os más maiores do colexio foron os padriños e, os máis pequenos, os apadriñados (6º apadriñou a 3º, 5º apadriñou a 1º e 4º a 2º). Despois do recreo, cada padriño co seu apadriñado tivo que crear unha historia onde apareceran os deportes elexidos por cada clase. Esa historia tiñan que escribila nunha plantilla facilitada polo equipo de biblioteca e depois decorala o mellor posible. 

Previamente á elaboración conxunta da historia, os padriños tiveron que contarlle aos apadriñados información do seu deporte, e viceversa. Ao finalizar a actividades, algunhas clases intercambiaron agasallos entre eles. 

Así, o alumnado do Altamira creou historias moi creativas e divertidas. Todas elas estiveron expostas na entrada do colexio para poder lelas, e as máis orixinais foron premiadas. Aquí tedes unha foto cos traballos que foron premiados e co alumnado gañador do concurso. 



A maiores, polo día do libro o equipo de biblioteca organizou un concurso chamado "Quen é quen?" co obxectivo de que o alumnado adivinase cal era o libro favorito do profesorado. Aquí tedes unha foto das gañadoras do concurso. 


Por último, deixámosvos un vídeo con imaxes deste día do Libro no noso colexio. Desexamos que vos guste!!



mércores, 24 de abril de 2024

📖Visita de Pere Tobaruela📖

O día 16 de abril, o alumnado de 4º A e de 4º B recibiron unha visita moi especial. 

O escritor Pere Tobaruela visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "Formigas". 

Tanto os nenos e nenas de 4º como o autor pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran.

Para finalizar a visita, Pere asinoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca. 

Deixámosvos na seguinte ligazón un vídeo con fotografías desta visita tan especial. 

Moitas gracias pola visita Pere, ata a próxima!!

📚Contacontos en 1º B 📚

O outro día o alumnado de 1º B recibiu unha visita moi especial. A mamá dun deles viu ao colexio a contarlles un conto por mor do Día do Libro.

O conto titulabase "El correo del dragón" de Emma Yarlett e todos os nenos e nenas quedaron moi contentos coa visita desta nai. 

Moitas gracias por vir, foi un momento moi entretido e bonito!!



mércores, 17 de abril de 2024

Día do Cómic

O 17 de marzo foi o día do Cómic, e dende a nosa biblioteca seguimos apostando polo cómic en galego. 

Por iso, este ano ampliamos as coleccións xa existentes e mercamos cómics novos. 

Ao noso alumnado encántalles o formato de libro en cómic e por iso na nosa biblioteca non faltan. 

Deixámosvos a continuación algunhas das novidades de cómic que podedes atopar na biblioteca de Sabidiña. 




📯Mes da música📯

Este ano, en lugar de facer o mércores musical fixemos no Altamira un mes da música

A mestra de música e o equipo de biblioteca decidimos organizar o mes da música dedícándolle dous días á semana durante o recreo: mércores e venres. Durante estes días, o alumnado puido tocar instrumentos, cantar música clásica, música galega ou música da súa preferencia. Para poder participar, o alumnado soamente tiña que apuntarse previamente na clase de música. 

Ao alumnado pareceulle unha boa idea, e todos os nenos e nenas que participaron fixeron actuacións marabillosas. 

Deixámosvos nas seguintes ligazóns os vídeos coas actuacións do alumnado que participou:

- Benvidos ao mes da música na biblioteca

- Mes da música na biblio

- Benvidos de novo ao recreo artista

O noso colexio está cheo de artistas!! Moitas gracias por participar rapazada!!



mércores, 10 de abril de 2024

💭 Día Mundial da Poesía 💭

O xoves 21 de marzo foi o Día Mundial da Poesía, e os voluntarios e voluntarias de 6º fixeron unha entretida actividade para conmemoralo. 

O alumnado, dividido por clases, elixiu un poema de deportes, o traduciu ao galego e o recitou e editou na radio Altamira. Na seguinte ligazón  poidedes escoitar o podcast que grabaron. 

A maiores, na biblioteca fíxose unha sección de libros de poesía para darlle visibilidade a este día tan importante. 





📞Guasgalegando 2º trimestre 📞

 A proposta do segundo trimestre para o concurso Guasgalegando consistiu en crear un lema ou slogan que invitase a mercar e consumir con responsabilidade, de forma consciente, crítica, necesaria e prática, sen deixarnos invadir polas publicidades atractivas e engañosas. 

O alumnado puido partcipar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas respostas. 

A continuación deixámosvos fotos dos gañadores e gañadoras deste concurso. Cada un deles fixeron a súa propia chapa con dito lema e farán unha pancarta cos sprais de graffiti!! Parabéns ao gañador e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!!





📖Visita de Celtia Figueiras📖

 O día 19 de marzo, o alumnado de 5º B recibiu unha visita moi especial. 

A autora galega Celtia Figueiras visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "A banda dos insectos. Pasando a bóla.". 

Tanto os nenos e nenas de 5º como a autora pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran.

Para finalizar a visita, Celtia asinoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca. 


Clicade na seguite ligazón se queredes ver un vídeo con fotografías desta quedada tan entretida. 

Moitas gracias pola visita Celtia, ata a próxima!!

mércores, 3 de abril de 2024

👥Club de Lectura 5º👥

Os días 12 e 13 de marzo fíxose na biblioteca  o Club de Lectura co alumnado de 5º de primaria que decidiu asistir voluntariamente. 

Despois da mañá, o alumnado quedou a comer no colexio. Ao rematar a comida, recordaron o argumento  do libro "Wonder. La lección de August" de R.J. Palacio e fixeron unha chuvia de ideas sobre el.

Para rematar a tarde, xogaron por grupos nas tablets. Primeiro fixeron un kahoot e despois un Make it con preguntas e xogos acerca do libro.

O alumnado pasou unha tarde entretida e diferente no colexio Altamira. Gracias por vir nenos e nenas!!

Na seguinte ligazón deixámosvos un vídeo con fotos destes dous días de Club de Lectura. 


📖Visita de Abraham Carreiro📖

O día 12 de marzo, o alumnado de 6º A e de 6º C recibiron unha visita moi importante... Adiviñades quen foi? 

O debuxante e escritor galego Abraham Carreiro visitou a bilioteca de Sabidiña para falar do seu libro "Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata". 

Tanto os nenos e nenas de 6º como o autor pasaron unha sesión moi agradable falando sobre o libro que previamente leran, ensinando os traballos que fixeron, e debuxando algúns dos personaxes do libro. 

Para finalizar a visita, Abraham dedicoulles os libros ao alumnado e deixou a súa dedicatoria no libro das visitas da biblioteca. 


No seguinte vídeo podedes ver as fotografías desta quedada tan entretida. Moitas gracias pola visita Abraham, ata a próxima!!



Grazas, voluntariado da biblioteca!

Queremos agradecer ao alumnado voluntario da biblioteca o seu compromiso, ilusión e colaboración ao longo do curso 2025-2026 . Este vídeo é...