Coma tódolos anos, aínda que sexa dende a casa, queremos celebralo con todos vós e animarvos a que empreguedes a nosa fermosa lingua.
Imos facer entre todos unha bonita nube de palabras, que exporemos no colexio cando volvamos.
Cubre o formulario que tes debaixo, escribe unha soa resposta! Por suposto: EN GALEGO!
O autor homenaxeado este ano é Ricardo Carvalho Calero.
Para cuarto, quinto e sexto propoñémosvos que pasedes esta scaperoom. Afinade os vosos instintos e resolvede o código segredo.
Consello: Ide anotando os números que descubrades.
Preme na imaxe para acceder á scaperoom:
Para primeiro, segundo e terceiro tamén temos outra scaperoom sobre o autor!
Preme na imaxe para acceder:
Se aínda quedas con ganas de saber máis sobre Carvalho Calero, estas dúas rapazas cóntannos moito sobre a súa vida, e dunha forma que nos gusta moito, CANTANDO!
E tamén cun libro dos Bolechas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.