xoves, 2 de febreiro de 2023

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

 O 30 de xaneiro, como cada ano, conmemoramos o Día da Paz. Para esta data tan importante, dende Bibliosabidiña levamos a cabo varias actividades como:

O mural "Pecha os ollos e pensa na paz, que ves?, no que o alumnado expresouse libremente sobre o tema,  o ´"Buzón dos pensamentos bonitos", no que o alumnado escribiu ou debuxou algo bonito a outro compañeiro. Tamén fixemos un recitado de poemas a cargo dos voluntarios de 6º B e un contacontos a cargo de Marta e María, de 5º D.

Estes foron os nosos pequenos xestos, aínda que sabemos, a paz debémola cultivar tódolos días do ano. Velaquí deixámosvos unha mostra das actividades:
















Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

📚 Apadriñamentos Lectores no CRA📚

O 12, 13 e 14 de marzo o noso alumnado voluntario de 5º e 6º baixou ao CRA Raíña Aragonta para facer unha actividade moi bonita:  apadriñame...