mércores, 31 de xaneiro de 2024

♡ Día da Ilustración e da Paz ♡

Onte, 30 de xaneiro, conmemorouse no colexio o Día da Ilustración e mais o Día da Non Violencia e da Paz. Por iso, dende a biblioteca fixéronse diferentes actividades relacionadas.

O día da Ilustración celébrase como cada ano o 30 de xaneiro, coincidiendo co nacemento de Castelao. Este ano 2024 homenaxeouse ao ilustrador histórico galego CHICHI CAMPOS. Dende a nosa biblioteca, as voluntarias Eire e Mei fixeron un podcast na nosa radio (Radio Altamira) para falar dunhas das súas ilustradoras favoritas: PAULA CHESHIRE. 

A continuación, deixámosvos a ligazón ao podcast de Paula Cheschire e un agradecemento para as nosas voluntarias por facer esta actividade. 




Ademais do día da Ilustración, o 30 de xaneiro tamén foi día de conmemorar a Non Violencia e a Paz. Dende a nosa biblioteca traballamos o conto "Lo que no le gusta a la guerra" e as nosas voluntarias Candela e Ángela F. presentaron un podcast sobre este conto traballado. Queredes escoitalo? Se a resposta é SI podedes clicar na seguinte ligazón para escoitalo: Podcast "O que non lle gusta á guerra".



Podedes ver no seguinte vídeo algunhas fotos das actividades realizadas na biblio para conmemorar o día da Paz.


Para rematar este post, queremos deixarvos a variedade de contos relacionados coa temática da Paz que están dispoñibles na nosa biblioteca. Desexamos que vos gusten!! Gracias por lernos!!





mércores, 17 de xaneiro de 2024

📖 Visita de Esteban Souto📖

O 15 de decembro recibimos no colexio Altamira unha visita moi especial... O autor e ilustrador Esteban Souto sorprendeu ao alumnado do colexio, dende os máis pequenos ata o maiores. 
Durante a visita falou do seu conto "MALDIÑO, a vergoña da familia" e ensinoulles técnicas para facer ilustracións. 

Ao final da visita, deixou unha dedicatoria no libro das visitas da biblioteca de Sabidiña e sacou fotos co alumnado. Foi un momento moi entretido!!


Moitas gracias pola visita Esteban Souto, ata a próxima!!

Deixámosvos a continuación un vídeo con fotos da visita. 



mércores, 10 de xaneiro de 2024

💚3 DE DECEMBRO💜

 Decembro foi un mes cargadiño de datas importantes ademais do Nadal. 

O 3 de decembro foi o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Por ende, desde a biblioteca do Altamira traballamos o libro "Pedro o piloto de Gaivotas" co alumnado voluntario da biblioteca. 

Despois de ler o libro, fixemos un mural e un debuxo da portada lo libro para darlle visibilidade a este día e ás persoas que presentan algún tipo de discapacidade. 

Deixámosvos un vídeo con fotos do alumnado voluntario traballando. Gracias por lernos!!







Teatro na nosa biblioteca

As voluntarias de 5º fixéronnos desfrutar dunha obra teatral titulada Mabel, Mabul y Mabuli,  adaptación do conto "Mabel y la montaña...