venres, 13 de setembro de 2024

🎶 BENVID@S A UN NOVO CURSO 🎶

O verán xa pasou e un novo curso comezou!! 

Dende a biblioteca do Altamira queremos darlle a benvida ao noso alumnado e as súas familias. Neste blog subiremos todas as actividades e celebracións realizadas dende a biblioteca do noso cole ao longo do curso. Desexamos que nos leades e que pasedes un bo rato connosco. 

Estades preparados e preparadas para bailar? Pronto comezaremos unha nova aventura no Altamira. Mentres, deixámosvos unhas novidades lectoras para o comezo do novo curso escolar. 

Un saúdo dende o Equipo de Biblioteca. 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

👜 Mochilas viaxeiras 👜

A nosa biblioteca está a piques de abrir as súas portas para recibir á comunidade educativa. Mentres, o alumnado do Altamira poderá levar al...