martes, 29 de outubro de 2024
👥📖 Formación de usuarios📖 👥
🌰🍂Exposición Froitos de outono🍂 🌰
martes, 22 de outubro de 2024
📢 INAUGURAMOS A BIBLIO!!📢
xoves, 17 de outubro de 2024
🎒Mochilas viaxeiras 🎒
A nosa biblioteca está a piques de abrir as súas portas para recibir á comunidade educativa. Mentres, o alumnado do Altamira poderá levar algúns dos libros da biblio para casa coa chegada das... MOCHILAS VIAXEIRAS!!
Durante o inicio do curso, o equipo de biblioteca estivo renovando as mochilas e cadernos viaxeiros para que o alumnado poida disfrutar delas un curso máis. Aquí tedes unha foto co contido de cada mochila:
Ao longo desta semana, cada curso foi recibindo a súa mochila cos libros que poderán levar para súa casa e así poder lelos en familia. Unha vez lidos todos, recollerán no caderno viaxeiro unha aportación do libro que máis lle gustou, algo que melloraría do seu contido, un debuxo da personaxe que máis lle entretivo, ou o que máis lle apeteza.
Unha vez que un alumno ou alumna reciba a mochila, terá un tempo limitado para disfrutala e, despois, terá que devolvela para que poida levala outro compi.
As Mochilas Viaxeiras é unha iniciativa que lle gusta moito ao alumnado do noso cole, e a nós, as mestras, tamén.
Dende o equipo de biblio queremos pedirvos dúas cousas: a primeira é que a coidedes moito e, a segunda, que a disfrutedes aínda máis!! Desexamos que vos gusten!!
Benvidos e benvidas ao novo curso!
Comezamos un novo curso con moita ilusión, e a nosa biblioteca está chea de novidades. Animádevos a visitala para desfrutar de todos os nos...

-
Durante o primeiro trimestre, algúns alumnos e alumnas de 4ºB decidiron preparar e representar un contacontos. O libro que decidiron represe...
-
Hoxe, 30 de xuño, o curso 2024/25 chegou ao seu fin e, por ende, as portas da nosa biblioteca péchanse ata o vindeiro curso. Dende o equipo...