Onte, luns 21 de outubro, a biblioteca abríu as súas portas para recibir ao noso alumnado. Como xa mencionamos nos últimos posts, este verán a biblioteca do Altamira estivo en obras pon mor de ampliala. O alumnado tiña moitas gañas e intriga por ver a súa nova biblioteca e, onte, por fin puideron vela.
A partir de onte, o alumnado xa pode ir durante os recreos á biblioteca para participar nas actividades organizadas polo quipo de biblio.
Ao longo desta semana, o voluntariado da biblioteca será o encargado de facer a formación de usuarios de todo o colexio. Para iso, cada curso terá que baixar na súa hora de biblio, xa que alí estará esperando unha parella de voluntarios para comezar a formación.
Aproveitando a mención do voluntariado, queremos darlle as gracias por todo o traballo feito ao longo destes meses, xa que traballaron moito para que a biblioteca puidera abrirse canto antes.
Aquí deixámosvos un vídeo con fotografías que mostran a ampliación e o cambio da nosa biblioteca, e o grandioso traballo do noso voluntariado.
Por certo, este xoves, aproveitando que é o Día das Bibliotecas Escolares e que o proxecto deste ano é o baile e a música, farase unha inauguración musical coa colaboración dalgunhas mestras do colexio. Así que o alumnado poderá asistir á inauguración durante o recreo.
Desexamos que vos guste a nova biblioteca e que a disfrutedes moito. Soamente pedímosvos unha cousa, coidádea moito!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.