venres, 20 de decembro de 2024

🎴 Resolución do concurso de postáis de Nadal🎴

Aquí vos deixamos as postais gañadoras do XII Concurso de Postais de Nadal celebrado este ano. Queredes saber cales foron as gañadoras? 

Aquí tedes unha fotografía coas postais gañadoras en cada nivel. Prestade atención!!


Queremos felicitarvos por participar no concurso e animarvos a seguir participando o curso que ben. Parabéns as gañadoras!! Desexamos que vos gustara o agasallo. 

Para rematar este trimestre, dende o Equipo de Biblioteca queremos mandarvos un agarimoso saúdo a toda a Comunidade Educativa e desexarvos unhas felices festas!! Vémonos á volta, familia!!




🎅Recomendacións lectoras de Nadal🎅

O mes de decembro xa chegou e as vacacións de Nadal están moi cerca... Por este motivo, dende a biblioteca de Sabidiña fixemos unha selección de lecturas recomendadas para cada curso.

Así que... agora que comeza o Nadal, podémoslle pedir a Papá Noel, aos Reis Magos ou ao Apalpador estes libros tan orixinais e divertidos. Non vos esquezades deles, porque á volta os leremos durante o momento lector todos e todas xuntas!! Desexamos que vos gusten estas recomendacións!!

Deixámosvos a continuación imaxes do tríptico onde aparecen as lecturas recomendadas para cada nivel. 




📖Mércores de contacontos📖

Para finalizar o mes de decembro, un grupo de alumnas e un alumno de 4ºB decidiron organizar, preparar e representar un contacontos. 

Elixiron o conto La familia de Basilia de Gracia Iglesias. Elas foron as encargadas de preparar a lectura e de representar o conto ao resto do alumnado do colexio no recreo dun mércores.  O alumnado de 4º estaba un pouco nervioso, pero fixéronno moi ben. 

Queredes ver o resultado final? Clicade no seguinte vídeo e gozade desta magnífica representación teatral na biblio Altamira. 

Gracias por lernos!!


martes, 17 de decembro de 2024

📚Club de lectura de 6º📚

No mes de decembro (máis concretamente os días 2, 3 e 9) fixemos na biblioteca os Clubes de Lectura con algúns dos voluntarios e voluntarias de 6º de primaria. 

Ao longo deses días, despois da mañá, o alumnado quedou a comer no colexio. Posteriormente, organizáronse para traballar os libros "Bala Perdida" de Manuel Rivas e "La señorita Bubble" de Ledicia Costas facendo actividades diversas.

O alumnado pasou unha tarde entretida e diferente no colexio Altamira. Gracias por vir nenos e nenas!!

Aquí tedes un vídeo con fotos destes días de Club de Lectura na nosa biblioteca!!



💚💜Día das Persoas con Discapacidade💛💙

O 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, e a longo de toda esa semana o voluntariado da biblioteca estivo facendo un paraugas na entrada do colexio co lema: "Baixo o mesmo paraugas". 

O obxectivo deste paraugas é concienciar ao alumnado de que non todos somos iguais e de que hai que respectar a diversidade. Pese as diferencias, todos merecemos ser tratados ben y vivir e gozar dos nosos dereitos e oportunidades. 

A maiores, dende as titorías falamos da importancia de conmemorar este día e visualizamos, escoitamos e analizamos a canción e o vídeo "Valientes" do grupo Xeración M. 

Se queredes ver un vídeo con fotografías do deseño e elaboración do paraugas e a canción de valentes, clicade no seguinte vídeo. 


Durante toda a semana houbo uha exposición de libros na biblioteca sobre a diversidade para que o alumnado puidera lelos e reflexionar. Recordade sempre que o medo é a máis grande discapacidade!

martes, 3 de decembro de 2024

🎄 Concurso de Postais de Nadal🎄

Como todos os anos, dende a Comisión de Biblioteca propoñemos a participación no XII concurso de Postais de Nadal.

A participación no concurso é voluntaria, e o tema do concurso é o Nadal, o inverno ou tamén pode relacionarse co Proxecto da Biblioteca deste curso: "Queres bailar? Únete ao Altamira que a festa está por chegar".

Deixámosvos na seguinte ligazón as bases para poder participar no concurso, tedes como plazo para entregar as postais o xoves 12 de decembro

- Bases do concurso.

Dende o equipo de biblioteca animámosvos a participar!! 

💜25 N💜

O luns 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e no cole o conmemoramos dunha maneira especial. 

En primeiro lugar, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e o Concello de Salceda de Caselas convocaron a participación voluntaria nun concurso para promover a loita contra a violencia de xénero. O concurso consistíu na elaboración dun cartel cun debuxo e cun lema, en galego, que xirase en torno á eliminación da violencia de xénero. 

Moitísimo alumnado do colexio participou, pero non todos e todas puideron ser premiados. Houbo un alumno/a gañador/a por cada curso, quen recibíu un lote de agasallos. 

Os agasallos foron entregados durante o acto realizado o mesmo día na plaza do Concello, despois de ler o manifesto e despois de facer un minuto de silencio como apoio as vítimas de violencia de xénero. O acto xirou en torno ao lema "Voando en liberdade", de ahí a que cada alumno e alumna colocara a súa bolboreta cunha palabra nos panéis con bolboretas realizados para levar ao concello. 

En segundo lugar, o Equipo de Biblioteca propuxo a participación voluntaria do alumnado e profesorado do centro nun concurso de frases (anónimas) relacionadas coa eliminación da violencia de xénero. O alumnado voluntario foi quen elixiu as mellores frases para escribilas no mural colocado en fronte da biblioteca. 

A maiores, durante os recreos, o alumnado que asistíu á biblioteca puido participar en distintas actividades relacionadas con esta conmemoración, como por exemplo pintar debuxos para decorar a porta da biblioteca. 

Queredes ver imaxes do alumnado traballando, do acto realizado no Concello e das obras premiadas? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas, pega a pena velas. 

Parabéns ao alumnado por participar nos concursos e recordade sempre que a loita contra a violencia de xénero é todos os días. 



🎴 Resolución do concurso de postáis de Nadal🎴

Aquí vos deixamos as postais gañadoras do XII   Concurso de Postais de Nadal celebrado este ano. Queredes saber cales foron as gañadoras?  ...