O luns 25 de novembro foi o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e no cole o conmemoramos dunha maneira especial.
En primeiro lugar, o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e o Concello de Salceda de Caselas convocaron a participación voluntaria nun concurso para promover a loita contra a violencia de xénero. O concurso consistíu na elaboración dun cartel cun debuxo e cun lema, en galego, que xirase en torno á eliminación da violencia de xénero.
Moitísimo alumnado do colexio participou, pero non todos e todas puideron ser premiados. Houbo un alumno/a gañador/a por cada curso, quen recibíu un lote de agasallos.
Os agasallos foron entregados durante o acto realizado o mesmo día na plaza do Concello, despois de ler o manifesto e despois de facer un minuto de silencio como apoio as vítimas de violencia de xénero. O acto xirou en torno ao lema "Voando en liberdade", de ahí a que cada alumno e alumna colocara a súa bolboreta cunha palabra nos panéis con bolboretas realizados para levar ao concello.
En segundo lugar, o Equipo de Biblioteca propuxo a participación voluntaria do alumnado e profesorado do centro nun concurso de frases (anónimas) relacionadas coa eliminación da violencia de xénero. O alumnado voluntario foi quen elixiu as mellores frases para escribilas no mural colocado en fronte da biblioteca.
A maiores, durante os recreos, o alumnado que asistíu á biblioteca puido participar en distintas actividades relacionadas con esta conmemoración, como por exemplo pintar debuxos para decorar a porta da biblioteca.
Queredes ver imaxes do alumnado traballando, do acto realizado no Concello e das obras premiadas? Clicade no seguinte vídeo e mirádeas, pega a pena velas.
Parabéns ao alumnado por participar nos concursos e recordade sempre que a loita contra a violencia de xénero é todos os días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.