martes, 28 de xaneiro de 2025

🐄Pintiñas🐄

Como xa sabedes, á volta de Nadal comeza a ruta das Pintiñas polas diversas clases do noso colexio. 

Hai unha pintiña por ciclo, que vai cargadiña de libros de distintas tipoloxías adaptados ás idades e aos gustos do alumnado propio do ciclo (cociña, narrativa, poesía, cómic, xornáis, revistas...). 

Cada clase terá quince días para poder ler e gozar de todos os libros durante a hora de ler. Unha vez pasadas esas dúas semanas, a Pintiña seguirá a súa ruta noutro grupo, e así sucesivamente ata rematar a ruta. 

Queredes ver algúns dos libros novos que están nas tres pintiñas? Prestade atención á seguinte fotografía!!

Desexamos que vos gusten moito e os disfrutedes!! Non vos esquezades de coidalos para que poidan durar moito tempo!!



xoves, 23 de xaneiro de 2025

📖Contacontos no CRA 📖

Durante o primeiro trimestre, algúns alumnos e alumnas de 4ºB decidiron preparar e representar un contacontos. O libro que decidiron representar tiña como título "La familia de Basilia". 

Como o preparon tanto e o fixeron tan ben, estaban preparados para representalo diante dos nenos e nenas do CRA Raíña Aragonta. Así que, no mes decembro, baixaron a ensiñarlles todo o traballo realizado ás xeracións máis novas. As nenas de 4º prepararon e escenificaron o argumento do conto o mellor que puideron para que os nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos pasaran un momento entretido. 

Cabe destacar que algunhas alumnas voluntarias da biblioteca baixaron tamén xa que eran as encargadas do son e do atrezo e tamén eran as presentadoras do contacontos. 

Aquí tedes un vídeo con fotografías desta marabillosa actividade realizada no CRA!! Se os sabe a pouco e queredes ver a actuación enteira, podedes ver o vídeo de abaixo e gozar de cada minuto dela!!








martes, 21 de xaneiro de 2025

🎭Obra de teatro na biblio🎭

Durante o primerio trimestre, o alumnado de 4ºC decidiu preparar unha obra de teatro coa súa mestra. No mes de decembro, decidiron representala na nosa biblioteca tendo como público ao alumnado máis pequeno do colexio. 

Esta obra tiña como título "Espíritu de la Navidad" e como protagonistas a todos os nenos e nenas de 4ºC. Queredes ver algún fragmento desta magnífica representación? Dádelle ao clic e disfrutade dela!!



📞Guasgalegando 1º trimestre📞

Voltamos un curso máis co concurso Guasgalegando, para seguir potenciando o uso do galego no noso día a día. 

A proposta do primeiro trimestre consistiu en inventar unha pócima máxica, de máximo catro versos, para ser máis felices no CEP Altamira. Todas as pócimas tiñan que escribirse en galego. O alumnado puido participar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas respostas. 

A continuación deixámosvos fotos dos gañadores e gañadoras deste concurso. Cada un deles fixeron a súa propia chapa!! Parabéns aos gañadores e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!! 



xoves, 9 de xaneiro de 2025

🌲Obradoiro de papiroflexia🌲


Xa damos comezo a un novo trimestre, e por ende, a novas actividades e obradoiros que seguiremos realizando na nosa biblioteca. 

Pero antes de comezar a ensinarvos estas novas actividades, queremos mostrarvos o último obradoiro realizado co alumnado voluntario na biblioteca durante o mes de decembro. Queredes saber en que consistíu? 

Este obradoiro tiña como obxevtivo aprender a facer árbores de Nadal mediante a técnica de papiroflexia. O resultado deste obradoiro foron arboliños moi orixinais. Queredes ver o resultado? Se a resposta é si clicade no seguinte vídeo. 



📜Día da Poesía 📜

O venres 21 de marzo foi o  Día da Poesía , e os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca fixeron unha entretida actividade para conmemo...