martes, 21 de xaneiro de 2025

📞Guasgalegando 1º trimestre📞

Voltamos un curso máis co concurso Guasgalegando, para seguir potenciando o uso do galego no noso día a día. 

A proposta do primeiro trimestre consistiu en inventar unha pócima máxica, de máximo catro versos, para ser máis felices no CEP Altamira. Todas as pócimas tiñan que escribirse en galego. O alumnado puido participar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas respostas. 

A continuación deixámosvos fotos dos gañadores e gañadoras deste concurso. Cada un deles fixeron a súa propia chapa!! Parabéns aos gañadores e ás gañadoras e moitas gracias a todos os participantes!! 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Benvidos e benvidas ao novo curso!

 Comezamos un novo curso con moita ilusión, e a nosa biblioteca está chea de novidades. Animádevos a visitala para desfrutar de todos os nos...