martes, 29 de abril de 2025

🎨 Día das Artes Galegas 🎨

O martes 1 de abril conmemorouse o Día das Artes Galegas. Este ano 2025 dedicóuselle ao compostelán Isaac Díaz Pardo, un intelectual galeguista, pintor, ceramista, deseñador e editor. 

Como é un día especial da nosa cultura galega, dende a biblioteca quixemos darlle importancia facendo un mural para colgalo na entrada do edificio principal do colexio. Este mural fixérono algúns dos nosos voluntarios e voluntarias con moito agarimo e coidado. 

Queredes velo? Aquí vos deixamos un collage co alumnado deseñando e pintando dito mural. Quedou moi bonito!! Desexamos que vos guste tanto como a nós!!



👥 Club de Lectura 5º 👥

O martes 8 de abril fíxose o Club de Lectura co alumnado de 5º de primaria na biblioteca. 

Despois da mañá, o alumnado quedou a comer no colexio. Ao rematar a comida, recordaron o argumento  do libro "Wonder. La historia de Julian" de R.J. Palacio e fixeron unha chuvia de ideas sobre el.

Para rematar a tarde, fixeron algunhas actividades interactivas nos seus ordenadores acerca do libro, como por exemplo un Kahoot. O alumnado pasou unha tarde entretida e diferente no colexio.

A continuación, deixámosvos un vídeo con fotografías do alumnado de 5º no Club de Lectura. Gracias por vir e por compartir lecturas nenos e nenas!! 



🎭 Día do Teatro 🎭

O xoves 27 de marzo foi o Día Mundial do Teatro. Como xa sabedes, aos nosos nenos e nenas encántalles representar obras de teatro e contacontos, sobre todo aos máis maiores. 

Aproveitando este día, algunhas voluntarias de 6º decidiron preparar para poder presentar  na nosa biblioteca unha obra de teatro do conto "Algo pasa na casa do lobo" de Susana Isern e Ayesha L. Rubio. 

Debido á falta de tempo, aínda non puideron presentar este contacontos ao resto do alumnado do colexio. Pero queremos mostrarvos algunhas imaxes delas ensaiando. Desexamos que ao longo deste trimestre poidan poder representala para todos nós e mostrar as artistas que levan dentro.



📞 Guasgalegando 2º trimestre📞

A proposta do concurso Guasgalegando para o segundo trimestre consistiu en enviar un audio ou vídeo dunha cantiga relacionada co inverno (Candelaria, entroido, día dos namorados...). Nela podían participar avós, veciños, pais, compañeiros/as... e todas elas tiñan que ser en galego. O alumnado puido participar voluntariamente neste concurso enviando nun whatsapp as súas cantigas.

A continuación deixámosvos fotos dos participantes deste concurso. Cada un deles fixo a súa propia chapa e a gañadora fixo un grafiti coa frase "A saia da Carolina". Gracias a todos e todas por participar!!







venres, 25 de abril de 2025

📚 Apadriñamentos Lectores no CRA📚

O 12, 13 e 14 de marzo o noso alumnado voluntario de 5º e 6º baixou ao CRA Raíña Aragonta para facer unha actividade moi bonita: apadriñamentos lectores

Esta consistíu en apadriñar aos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos léndolles contos adaptados a súas idades e pintando xuntos marcapáxinas para que se puideran levar para casa como recordo deste día tan especial.

Se queredes ver fotos desta actividade cos máis pequenos de Salceda, clicade no seguinte vídeo. Xuntos pasamos un momento moi especial e enriquecedor. 



xoves, 3 de abril de 2025

📜Día da Poesía 📜

O venres 21 de marzo foi o Día da Poesía, e os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca fixeron unha entretida actividade para conmemoralo. 

O alumnado preparou, recitou e gravou un pódcast na nosa radio Altamira sobre o poema "Un rato díxolle á Lúa" de Antonio García Teijeiro. Na seguinte ligazón podedes escoitar o podcast gravado nas seguintes fotografías podedes ler o poema e ver fotografías do noso voluntariado traballando. 

                                           

                                                     

A maiores, o alumnado de 4ºC fixo un recital de poesía no recreo como actividade para conmemorar este día. Queredes velo? Quedou moi chulo. Son moi artistas estes nenos e nenas!!








martes, 1 de abril de 2025

💭 Día do Cómic💭

O luns 17 de marzo foi o Día do Cómic, e como aos nenos e nenas do noso colexio lles encanta este formato de libro, decicimos poñer na biblioteca un expositor con cómics. 

O obxectivo desta exposición foi presentarlle ao noso alumnado os novos cómics presentes na biblioteca para que os coñeceran e se familiarizaran con eles. Agora o noso alumnado xa ten máis variedade de cómics para poder ler na biblioteca ou na súa casa. 

Deixámosvos por aquí algúns exemplos dos cómics que estiveron presentes nesta exposición por se queredes leelos. Desexamos que vos gusten!!



A maiores, dende as titorías, algúns cursos fixeron actividades relacionadas co cómic.  A continuación deixámosvos algunhas fotografías do resultado final.





🎭🎨Recreos de biblio 🎥 📚

Os recreos na nosa biblio son moi entretidos. Cada día da semana, ademáis de poder ler libremente, organízase algunha actividade diferente...