xoves, 3 de abril de 2025

📜Día da Poesía 📜

O venres 21 de marzo foi o Día da Poesía, e os voluntarios e voluntarias da nosa biblioteca fixeron unha entretida actividade para conmemoralo. 

O alumnado preparou, recitou e gravou un pódcast na nosa radio Altamira sobre o poema "Un rato díxolle á Lúa" de Antonio García Teijeiro. Na seguinte ligazón podedes escoitar o podcast gravado nas seguintes fotografías podedes ler o poema e ver fotografías do noso voluntariado traballando. 

                                           

                                                     

A maiores, o alumnado de 4ºC fixo un recital de poesía no recreo como actividade para conmemorar este día. Queredes velo? Quedou moi chulo. Son moi artistas estes nenos e nenas!!








Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

👪 Familias lectoras 3º trimestre👪

Como xa sabedes, co obxectivo de fomentar a lectura coa familia e para integrar as familias no contexto educativo, o equipo de biblioteca pr...